Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.976 novas da C. do Mar:

27/11/2025 | 11:59 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda reitera o apoio da Xunta no proceso de transición enerxética do tecido industrial galego

Destaca o porto de Ferrol como referente no proceso de descarbonización

26/11/2025 | 21:47 | C. do Mar

A Comisión do Mexillón acorda retrasar o inicio da campaña da mexilla ata comezos de xaneiro

Na reunión, na que participou a conselleira do Mar, Marta Villaverde, e os representantes do sector, analizáronse os datos científicos recompilados polo Centro de Investigacións Mariñas sobre os que foi sustentada esta decisión

26/11/2025 | 17:29 | C. do Mar

Gardacostas comisa 720 cacharros e libera 117 quilos de polbo de pequeno tamaño na Guarda

O operativo, realizado pola patrulleira Mar de Galicia, forma parte dos labores de vixilancia e control deste departamento, dependente da Consellería do Mar

26/11/2025 | 15:58 | C. do Mar

Portos de Galicia dotará dunha marxe para tránsito peonil o acceso ao porto de Espasante, en Ortigueira

A conselleira do Mar visitou a dársena para informar tamén de novos avances na tramitación da dragaxe

26/11/2025 | 12:55 | C. do Mar

Villaverde defende unha reforma da PPC que reformule e simplifique a obrigación de desembarque

A conselleira do Mar sinala que “o actual sistema supón un marco regulamentario complexo que xera perdas desiguais entre frotas”

25/11/2025 | 18:34 | C. do Mar

Mar convoca a Comisión do Mexillón para valorar o calendario da extracción da mexilla

Atendendo aos datos científicos do CIMA, a Xunta estudará pospoñer a campaña de recolección da cría inicialmente establecida para o 1 de decembro ata comezos de xaneiro

25/11/2025 | 15:58 | C. do Mar

A Xunta e Craega promocionan os produtos ecolóxicos do mar entre o alumnado das universidades galegas

A conselleira do Mar resalta o liderado galego e a boa acollida que teñen estes alimentos nos mercados pola súa aposta pola sustentabilidade e calidade

25/11/2025 | 11:45 | C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Unidade de Policía Nacional Adscrita e Gardacostas de Galicia comisan 74 quilos de centola en Rianxo

No marco deste operativo contra o furtivismo, os axentes identificaron unha persoa, tramitaron unha sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia e as centolas comisadas foron devoltas ao mar 

25/11/2025 | 11:33 | C. do Mar

A Xunta e o sector apostan por afondar nas oportunidades que ofrece a comercialización da ostra xaponesa no Golfo Ártabro

Marta Villaverde sinalou que a súa extracción controlada permitirá recuperar hábitats costeiros e favorecer a recuperación de especies marisqueiras tradicionais