Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.295 novas da C. do Mar:

27/03/2026 | 20:37 | C. do Mar

Marta Villaverde participa na inauguración da IV Festa do Marisco de Ferrol

A consellería do Mar colabora coa cita gastronómica no marco da aposta por incentivar o consumo dos produtos pesqueiros e de favorecer a súa valorización

27/03/2026 | 13:32 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda destaca o reforzo do Servizo de Gardacostas coa adquisición de 12 novos vehículos para blindar a seguridade no litoral galego

Salienta que estas pickups, que contaron cun investimento de 645.000 €, veñen complementar a próxima renovación total da flota do servizo con dúas novas patrulleiras e dous camións con grúa

27/03/2026 | 12:43 | C. do Mar; Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta patrocina o partido de mañá entre o Breogán e o Manresa a través da campaña ‘Galicia sabe amar’

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Consellería do Mar e o club colaboran unha vez máis na difusión desta iniciativa que anima a consumir produtos do mar galegos como parte dunha dieta equilibrada

26/03/2026 | 14:04 | C. do Mar

Belén do Campo analiza coa xerente do GALP Ría de Arousa, Rosa Carballo, o balance das axudas e a evolución dos proxectos desta entidade

O ámbito territorial deste GALP Costa Sostible abrangue os concellos da provincia da Coruña de Boiro, A Pobra, Rianxo, Ribeira e da provincia de Pontevedra de Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa 

25/03/2026 | 19:04 | C. do Mar

A Xunta confirma o seu apoio á edición deste ano da Festa da Xouba de Rianxo

A conselleira do Mar destacou a importancia de poñer en valor produtos locais como este, que é un dos máis importantes para a frota local e que constitúe un exemplo de pesca sostible e responsable.

25/03/2026 | 15:52 | C. do Mar

Villaverde destaca que as ordes de axudas convocadas en xaneiro recibiron 61 solicitudes para sementar máis de 31 millóns de unidades de bivalvos nas rías

Destacou no Parlamento que servirían para rexenerar máis de 6 millóns de metros cadrados de bancos marisqueiros coas axudas de biodiversidade e produtividade

25/03/2026 | 15:49 | C. do Mar

A Xunta apoia en Alimentaria a internacionalización da cadea mar-industria de Galicia nun evento no que participan 29 empresas galegas

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, arroupou na feira en Barcelona ás entidades galegas coexpositoras e puxo en valor a calidade e sustentabilidade da despensa mariña galega