Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.478 novas da C. do Mar:

26/05/2026 | 15:12 | C. do Mar

Villaverde fomenta o consumo de produtos do mar e as propiedades nutricionais do mexillón entre os máis novos

A conselleira do Mar participou na xornada “Mexillón de Galicia nas aulas”, que promove hábitos de alimentación saudables

26/05/2026 | 12:46 | C. do Mar

A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas para a remuda xeracional no sector pesqueiro

O DOG publica hoxe as bases e a convocatoria desta achega, impulsada pola Consellería do Mar, e dotada con 350.000 €

25/05/2026 | 11:56 | C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Unidade de Policía Nacional Adscrita e Gardacostas de Galicia comisan máis de 20 quilos de percebe na Coruña e 12 quilos de ameixa en Ferrol

No marco dos operativos contra o furtivismo levados a cabo nas rías da Coruña e Ferrol, os axentes identificaron 13 persoas e dous vehículos e tramitaron 12 denuncias por infraccións á Lei de Pesca de Galicia

25/05/2026 | 11:53 | C. do Mar

A Xunta e Conxemar renovan a súa alianza para reforzar a promoción e comercialización dos produtos conxelados da pesca

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, e o presidente de CONXEMAR, Eloy García, ratificaron un acordo centrado en fomentar o consumo

24/05/2026 | 10:17 | C. do Mar

Mar destaca en Girona o impacto socioeconómico de máis de 93 M€ que os proxectos GALP xeran en Galicia

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, participou na mesa redonda ‘Comunidades Costeras en Acción’ no marco da sesión plenaria da Red Española de Grupos de Pesca (REGP)

22/05/2026 | 14:17 | C. do Mar

Villaverde visita A Ostreira en Malpica e destaca a importancia das empresas acuícolas para o futuro do marisqueo en Galicia

A conselleira do Mar visitou as instalacións da empresa de semente de moluscos, no marco da rolda de contactos coa cadea mar-industria

21/05/2026 | 14:58 | C. do Mar; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta presenta o primeiro censo do Patrimonio marítimo de Galicia, que documenta case 1.500 bens no noso litoral

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participaron hoxe en Ribeira na presentación de dúas das accións máis importantes do Plan da Cultura Marítima de Galicia – Horizonte 2030 (PCUMA)