Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.066 novas da C. do Mar:

08/10/2025 | 17:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar; C. do Medio Rural

O Consello Galego de Artesanía Alimentaria nace co obxectivo de mellorar a calidade e a promoción das producións da nosa comunidade

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, presidiu a reunión na que se constituíu este órgano consultivo dun distintivo de calidade que ampara actualmente 136 operadores da catro provincias

08/10/2025 | 16:17 | C. do Mar

Villaverde mantén unha intensa axenda de contactos con organizacións e empresas no marco de Conxemar

O conselleira do Mar asistiu ao acto de ronqueo dun gran exemplar de peixe espada organizado por Interfish-España onde destacou a colaboración da Xunta con esta entidade no ámbito da promoción e valorización dos produtos do mar galegos

08/10/2025 | 16:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Mar

A Xunta destaca a excelencia da I+G+i na conmemoración do Día da Ciencia en Galicia

As directoras da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e do Instituto Tecnolóxico do Medio Mariño, Covadonga Salgado, participan no acto organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, dedicado ao químico Fernando Calvet i Prats

08/10/2025 | 15:33 | C. do Mar

A Xunta inviste desde 2024 na rexeneración e mantemento dos bancos marisqueiros da ría de Arousa máis de 6 M€

En concepto de distintas orde de axudas no marco do Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo e no modelo de cogobernanza co que a Administración autonómica aborda a xestión pesqueira en Galicia

08/10/2025 | 15:13 | C. do Mar

Belén do Campo presenta o proxecto “Sabor a Mar con R” como unha experiencia gastronómica e de ocio que aportará valor ao sector pesqueiro da Costa da Morte

Entre as accións máis destacadas do proxecto inclúense a creación dunha rede restaurantes e de empresas de ocio que participen en ofertas no territorio vinculadas aos recursos do mar cun manual que recolla os seus compromisos

08/10/2025 | 15:08 | C. do Mar

A Xunta insta ao Goberno central a asumir as compensacións económicas ás persoas mariscadoras afectadas polas obras de dragaxe da ría do Burgo

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro recordou no Parlamento que o Goberno central é o responsable de asumir estas axudas como promotor da actuación e ao abeiro da Declaración de Impacto Ambiental da mesma

07/10/2025 | 14:15 | C. do Mar; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Marta Villaverde sitúa a Galicia como referente internacional do sector transformador dos produtos pesqueiros

A responsable autonómica destacou este evento como punto de encontro no que detectar tendencias, visibilizar solucións así como activar negocio e potenciar sinerxías para situarse estratexicamente fronte a demanda de produtos sostibles, trazables e eficientes 

06/10/2025 | 19:32 | C. do Mar

Galicia consolida a súa colaboración co sector pesqueiro de Mozambique

Marta Villaverde mantivo un encontro de traballo co embaixador do país africano en España, no marco da celebración de Conxemar

06/10/2025 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

Galicia impulsa a acuicultura como sector económico estratéxico, concedendo axudas ao tecido empresarial por un importe superior aos 59,5 M€

Calvo salienta o apoio da Xunta a un sector no que Galicia é lider a nivel europeo con “2.600 empresas, 5.600 postos de traballo” e unha facturación de 200 M€ ao ano