Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.096 novas da C. do Mar:

11/06/2025 | 16:35 | C. do Mar

O proxecto de recheo para a ampliación do porto deportivo de Baiona mellora os servizos náuticos da localidade e permite abrir este espazo á cidadanía

A conselleira do Mar explicou que o seu desenvolvemento está baseado no seguimento e cumprimento rigoroso de todas as determinacións de protección ambiental, en liñas cos principios de sostibilidade e de crecemento azul

10/06/2025 | 17:40 | C. do Mar

Marta Villaverde aborda coas principais cadeas de distribución e comercialización os principais retos para impulsar o consumo de peixe, marisco e conservas

No encontro, no que participaron empresas como Velgasa-Eroski, Alcampo, El Corte Inglés, Carrefour, Gadisa e Froiz, trasladouse a dinámica e funcionamento do Bono Peixe que será lanzado nas vindeiras semanas

09/06/2025 | 17:06 | C. do Mar

Galicia colabora no reforzo das capacidades profesionais e sostibilidade do sector marítimo pesqueiro en Mozambique

O Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico, centro de referencia nacional de pesca e navegación, realizará actividades de desenvolvemento curricular, material didáctico e formación

06/06/2025 | 18:01 | C. do Mar

Portos de Galicia lembra que catro campañas de análise dos áridos do Lérez ao longo de 15 anos avalan a calidade do material para o seu depósito no mar

José Antonio Álvarez reiterou que a Xunta segue á espera de que o MITECO autorice un punto de vertido para o material que se drague e lembrou que hai dous meses que o Estado conta co informe do CEDEX que sinala como zona prioritaria a que clausurou no 21

06/06/2025 | 11:34 | C. do Mar

Gardacostas de Galicia incauta 6.000 cacharros e nasas de polbo desde o inicio da veda desta especie que ten como finalidade a recuperación do recurso

Desde o pasado mes de abril, cando comezou a parada biolóxica, os operativos despregados por este servizo autonómico permitiu o comiso de 1.287 quilos deste octópodo

05/06/2025 | 11:25 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda desexa a Marta Villaverde un labor que destaque polo "diálogo coa xente do mar e a capacidade de xestión"

Destaca o seu traballo de todos estes anos en distintos postos do Goberno galego

04/06/2025 | 19:25 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar
03/06/2025 | 18:15 | C. do Mar

A Xunta financia novos equipamentos e melloras nas instalacións da Federación Galega de Confrarías

O conselleiro do Mar asinou un acordo coa entidade sectorial que recolle unha achega de 27.000 euros para a mellora da competitividade, fomento e promoción das confrarías de pescadores

03/06/2025 | 17:24 | C. do Mar

Portos de Galicia ten pechada a proposta de reversión ao Estado de terreos innecesarios en 17 dos 25 concellos que o solicitaron

O presidente do ente público explicou no Parlamento que nove destes expedientes foron xa remitidos a Costas para que o Ministerio de Transición Ecolóxica decida sobre a súa aprobación e os 8 restantes ratificaranse en Consello Rector este mes