Actualidade
Buscador de novas
A Xunta porá en marcha unha nova liña de préstamos de ata 1 M€ para mitigar o impacto dos aranceis nas empresas galegas
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, xunto cos titulares de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; do Medio Rural, María José Gómez; e do Mar, Alfonso Villares, reuniuse hoxe cos responsables de máis dunha vintena de clústeres, asociacións sectoriais e cos consellos reguladores para abordar os efectos da nova política arancelaria de EE.UU
Belén do Campo destaca o investimento da Xunta de preto de 374.000 €, a través do Galp Costa Sostible, para a posta en marcha de apartamentos turísticos e un restaurante en Carnota e Dumbría
A representante do Goberno autonómico lembrou que no ano 2023, aprobáronse neste Galp 8 proxectos que contaron cunha axuda de máis de 755.000 € e no ano 2024 aprobáronse 15 proxectos cun importe de axuda de preto de 1,7 millóns de euros
Villares critica o proxecto de decreto do Goberno central que limita o consumo de peixe nos colexios e anuncia o deseño de novas accións de promoción
O conselleiro do Mar apoia as demandas do sector e recorda que esta decisión contradí as recomendacións da Organización Mundial da Saúde ou da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición dun mínimo de tres racións semanais
A Xunta acusa ao Goberno central de facer unha “fuxida cara adiante” e de non asumir as consecuencias da ”chapuza” da dragaxe da ría do Burgo
O Goberno galego remitiu unha carta á Secretaría de Estado de Medio Ambiente a finais de xaneiro reclamando o abono das compensacións aos profesionais afectados pola obra sen recibir resposta algunha ata hoxe
A Xunta recibe o informe definitivo do CEDEX sobre a dragaxe do Lérez e remitiráo ao MITECO para que autorice o punto de depósito
O documento final do Centro de Estudios e Experimentación de Obras Públicas, organismo técnico dependente do MITECO, reitera que a zona E8, no exterior de Sálvora, debe ser considerada “alternativa prioritaria” para o conxunto das rías Baixas
A Consellería do Mar e o Concello de Ribadeo asinan o convenio para a reforma da rúa Buenos Aires, no acceso ao porto de Mirasol
Alfonso Villares visitou a zona na que a Xunta investirá 450.000 euros na renovación da calzada e da rede de saneamento e pluviais así como humanización da contorna do auditorio municipal
Villares aborda coa CRPM a estratexia para avanzar no level playing field no mercado pesqueiro europeo e no reforzo da soberanía alimentaria
O responsable autonómico situou a proteína azul como esencial para garantir a independencia de Europa de terceiros países que operan en condicións que incumpren os estándares europeos en materia laboral e de sostibilidade
Galicia empregará a intelixencia artificial para mellorar a xestión dos recursos da ría de Arousa
Mar propón a creación dun xemelgo dixital que modele a influencia das variables ambientais e antropoxénicas sobre o ciclo de vida das especies residentes nesta zona