Actualidade
Buscador de novas
Villaverde destaca o compromiso da Xunta coa mellora das infraestruturas portuarias deportivas e a actividade náutica como un sector emerxente na economía azul
A conselleira puxo en valor o esforzo inversor da Consellería, ao consignar este ano por primeira vez unha partida específica de 1,2M€ para o mantemento e mellora dos portos deportivos galegos
O CEIP Terra Chá de Román, en Vilalba, pecha os actos do 40º aniversario cunha festa de fin de curso o 1 de xullo
A Delegación territorial da Xunta acolleu a presentación do programa, que inclúe unha exposición de fotografías e material didáctico antigo, actividades para os nenos e nenas do colexio, música e unha foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR
Villaverde analiza co sector alternativas fronte ao veto comunitario ao palangre demersal en 87 áreas do Atlántico Nororiental
A conselleira do Mar subliñou o apoio do Goberno galego ás demandas da Organización de Produtores Pesqueiros de Burela e das 16 compañías armadoras galegas recorrentes aportando informes de carácter técnico no proceso
O Consello Reitor de Portos de Galicia aproba a declaración de innecesariedade de terreos doutros oito municipios e avanza nas reversións ao Estado
O ente público remata así os trámites da súa competencia nos peiraos incluídos na segunda fase do procedemento de devolución á Administración Xeral do Estado da titularidade de solo de uso veciñal para que se transfira, no seu caso, aos Concellos
Villaverde sitúa a transferencia de coñecemento entre as entidades sectoriais e a Administración como elemento clave na xestión do marisqueo
Define o encontro como unha oportunidade para a posta en común desta información técnico-científica, co fin de fomentar o crecemento organizativo e o rendemento do persoal profesional implicado
Villaverde pon en valor o papel da pesca nas comunidades costeiras e sitúa ás confrarías de pescadores como modelo de xestión sustentable
A conselleira do Mar resaltou a colaboración entre a Xunta e o sector así como recordou que a Confraría de Lira, á cal visitou neste día, foi pioneira na posta en marcha da Reserva Mariña de Miñarzos, a primeira reserva de interese pesqueiro da costa atlántica peninsular
Marta Villaverde avanza ao sector a publicación este mércores no DOG da nova norma sobre conservas artesanais de Galicia
Este anuncio prodúcese tan só un día despois de que o Consello da Xunta dese o visto e prace a esta orde que potencia o emprendemento, a innovación e o valor diferencial desta actividade, facilitando con elo a diversificación económica da industria conserveira
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia colaborará na protección do persoal de gardacostas encargado do control do furtivismo
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinan o acordo, dotado con 60.000 euros
Marta Villaverde destaca o apoio da Xunta na posta en valor da carpintería de Ribeira como elemento clave no patrimonio marítimo e cultural de Galicia
A iniciativa enmárcase no convenio asinado con Culturmar e dá continuidade á aposta da Consellería de dar visibilidade ao enorme legado material e inmaterial que a comunidade ten a este respecto
A Xunta aproba varios plans de xestión para especies como a nécora, o camarón, a centola e o boi así como unha veda para o choco nas rías de Vigo e Pontevedra
A Consellería do Mar aprobou o plan experimental de pesca con trasmallos para as confrarías destas rías ampliando de xeito extraordinario a época autorizada ata o vindeiro 18 de xullo