Actualidade
Buscador de novas
A Xunta sitúa a ampliación de usos da concesión da OPP Parquistas de Carril no porto de Vilagarcía de Arousa no marco do seu plan de produción e comercialización
O departamento autonómico non ten constancia de que as instalacións concesionadas pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía vaian a ser destinadas á mesma actividade que desenvolve a lonxa na actualidade
A Xunta executa 187 proxectos dos GALP por valor de máis de 30,6 M€, contribuíndo á sustentabilidade e á resiliencia das comunidades costeiras
Estas actuacións, que xeran beneficios en 25 sectores económicos, converten a estes Grupos nun claro motor do desenvolvemento dos territorios nos que están implantados
A Xunta salienta a importancia da produción de grelos na nosa comunidade na XIX Expogrelo de Abadín
A conselleira do Medio do Medio Rural, María José Gómez, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participaron neste evento que pon en valor este produto agroalimentario
Portos de Galicia e o Concello de Laxe acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios
O presidente do ente público reuniuse co alcalde para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e no seu caso trasladarse aos Concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP
O avance do informe do CEDEX sobre as zonas de depósito dos áridos para a dragaxe do Lérez sinala como alternativa prioritaria o punto de Sálvora que o estado paralizou en 2021
A Xunta recibiu un avance do documento elaborado polo Centro de Estudios e Experimentación de Obras Públicas, organismo técnico de recoñecido prestixio dependente do Goberno Central no que valida os 3 puntos de vertido propostos por Portos de Galicia establecendo como preferente o E8 que se viña empregando
Villares destaca o traballo de Gardacostas de Galicia que permitiu salvar 1.700 vidas e ser decisivo na loita contra o furtivismo
Dada a importancia desta prestación en termos de seguridade cidadá, Mar destina ao seu desenvolvemento e funcionamento máis de 30 millóns de euros