Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e Anfaco-Cecopesca analizan vías de colaboración para reforzar a empregabilidade e a remuda xeracional no sector mar-alimentario
Na xuntanza, na que tamén participou a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, abordáronse medidas impulsadas pola Xunta para aliñar a formación para o emprego en liña coas necesidades das empresas e clústeres sectoriais
A Consellería do Mar ofrece a máxima colaboración ás confrarías da provincia da Coruña para a implementación das medidas recollidas no plan do percebe
Desde o departamento autonómico manifestaron que o Plan de Explotación Sostible para o trienio 2025-2027 posibilita medidas de flexibilización co obxectivo de facilitar o cumprimento da normativa en materia de control e trazabilidade
Villares asina un convenio de colaboración coa Federación provincial de confrarías de pescadores de Pontevedra por valor de 125.000 €
O titular de Mar destaca o papel da entidade no ámbito asociativo dos profesionais do mar na provincia e manifesta o compromiso da Xunta en seguir avanzando no diálogo co sector para o deseño e execución das políticas pesqueiras na comunidade
Portos de Galicia e o Concello de Bueu acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios para a actividade portuaria
O presidente do ente público reuniuse co alcalde para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e no seu caso trasladarse aos Concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP
Villares asina un convenio de colaboración co CETGA para o estudo da supervivencia da ameixa xapónica e do berberecho en episodios de baixa salinidade
O Goberno galego destina preto de 700 mil euros a este proxecto (Biorem) no que identificaranse as bacterias beneficiosa e prexudiciais, co fin de mellorar o estado sanitario do substrato no que se desenvolven
Villares destaca que xa foron mobilizados 70 M€ en apoios autonómicos ao sector marisqueiro ao abeiro do Plan de Competitividade e Sostibilidade 24-25
Este mes foron publicadas dúas ordes de axudas para a mellora da xestión e conservación dos bancos marisqueiros que ascenden a 2,2 M€
Rueda reitera a necesidade de que o Goberno central transfira os medios e recursos para facer efectiva a lei do litoral de Galicia
Lamenta que non se teña rematado o traspaso de competencias un mes despois de chegar a un acordo co Executivo
Villares asina un novo convenio de colaboración coa federación galega de redeiras ‘O Peirao’ para apoiar a súa actividade en favor destas profesionais
O conselleiro do Mar puxo en valor esta actividade no marco do sector pesqueiro galego e louvou o traballo desenvolvido por esta entidade na defensa, recoñecemento e mellora das súas condicións laborais
A despensa galega da terra e do mar terá unha presenza destacada na próxima edición de Madrid Fusión a través da Xunta
As consellerías do Mar e do Medio Rural disporán neste foro dun espazo de 480 metros cadrados para a promoción do potencial gastronómico e alimentario de Galicia