Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.801 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

18/06/2026 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon o Spigal como exemplo da transformación de información científica en acción pública útil para protexer, anticiparse e responder ante os lumes

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático salienta o traballo de MeteoGalicia no deseño deste programa que, a través da integración de información meteorolóxica, datos do territorio e variables relacionadas co comportamento do lume, ofrece simulacións avanzadas sobre a posible evolución dun incendio forestal

18/06/2026 | 12:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta instala 18 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos puntos da contorna do río Gallo, en Cuntis

O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento

18/06/2026 | 11:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta autoriza a instalación dunha planta solar fotovoltaica cunha potencia de 725 kw en Lalín

A resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático supón dar luz verde ao proxecto, promovido por Hidroeléctrica de Lalín S.L.

18/06/2026 | 11:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao Plan especial de reforma interior para ordenar un ámbito de solo urbano en Vigo, entre os barrios de Teis e Lavadores

O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé efectos ambientais significativos na zona de actuación, pero inclúe unha serie de condicións a cumprir con relación a determinadas cuestións

17/06/2026 | 17:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez agarda que as últimas sentenzas sobre a xestión eólica da Xunta desbloqueen o sector para garantir o progreso enerxético de Galicia

A conselleira explica que a Xunta xa conta xa con seis fallos xudiciais -cinco do Tribunal Supremo e un do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea (TJUE)- a favor do seu modelo de tramitación ambiental eólica

17/06/2026 | 16:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en marcha o proxecto piloto de praias inclusivas coa instalación de estruturas climáticas sostibles en areais de Baiona, O Porto do Son e Viveiro

Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa ten como obxectivo que estes espazos sirvan de refuxio ás persoas con problemas de mobilidade en caso de condicións meteorolóxicas adversas, como poden ser vagas de altas temperaturas

17/06/2026 | 15:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo contribúe á recuperación da píllara durante unha solta de 5 exemplares desta especie na praia de Carnota

A representante do Goberno autonómico destacou que a poboación galega desta ave é, xunto coa das Illas Baleares, a única do conxunto do Estado que mantén unha evolución crecente e sostida, segundo recollen os datos do último Libro Vermello das Aves de España grazas ao impulso do Goberno galego

17/06/2026 | 14:18 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

Rueda anuncia a colaboración con Adolfo Domínguez para a recuperación do cultivo do liño en Galicia e o desenvolvemento dunha industria transformadora

Destinaranse case 900.000 € a promover o uso desta materia prima tan arraigada á cultura e tradición galega e cuxa produción agora é residual

17/06/2026 | 14:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta tramita a primeira solicitude de concesión de ocupación no dominio público para cambiar o uso dun dos bens catalogados no litoral

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático somete a información pública a petición do Concello de Vimianzo para ocupar unha superficie de 201 m2 na costa co fin de poñer en valor o antigo muíño de mareas de Cereixo como museo etnográfico