Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.802 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

24/05/2026 | 10:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina preto de 200.000 € a un novo programa educativo para concienciar á comunidade escolar galega en materia de economía circular

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático adxudica o servizo para deseñar e desenvolver esta iniciativa pedagóxica durante o curso 2026-2027 co obxectivo de chegar a un total de 250 centros de educación primaria de toda Galicia

23/05/2026 | 13:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Plan de conservación da Xunta logra unha tendencia positiva da píllara das dunas en Galicia, cun total de 87 parellas reprodutoras censadas na costa

Grazas ao labor de seguimento e protección de niños e ao traballo de reprodución fóra das praias, a poboación galega desta especie é a única que crece, xunto á balear

23/05/2026 | 12:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor o investimento de máis de 180.000 euros da Xunta para garantir a protección da biodiversidade na lagoa da Frouxeira

Salienta que a Comunidade é un referente verde e sostible a nivel europeo e nosa riqueza ambiental é o mellor exemplo da Galicia Calidade

22/05/2026 | 17:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor o traballo dos axentes ambientais como garantes de que os parques naturais de Galicia sexan espazos vivos, protexidos e respectados

Agradece o labor e a entrega de todas as persoas que traballan nos seis parques naturais e no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas xa que son “a primeira liña de defensa do patrimonio natural galego”

22/05/2026 | 14:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina preto de 33.000 euros a unha actuación integral de restauración ambiental e paisaxística na contorna do Miradoiro da Pena do Conde, en Sober

Ángeles Vázquez pon en valor o traballo realizado para a recuperación ambiental e a restauración de infraestruturas de uso público

21/05/2026 | 14:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta denuncia que o Goberno central compromete a viabilidade das explotacións gandeiras coa súa postura sobre a protección do lobo

Ángeles Vázquez explica que o Ministerio puxo en marcha trámites non previstos regulamentariamente e manobras dilatorias cos que pretende desacreditar o traballo técnico e rigoroso feito polas comunidades autónomas sobre esta especie

21/05/2026 | 13:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a unha planta de valorización e almacenamento de residuos de construción e demolición en San Cristovo de Cea

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña efectos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

20/05/2026 | 17:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello da Veiga avalían vías de colaboración para a mellora do servizo de abastecemento no municipio

Ángeles Vázquez indica que o persoal de Augas de Galicia analizará as propostas do Goberno local para determinar a súa viabilidade e establecer posibles vías de colaboración tanto técnica como financeira

20/05/2026 | 12:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Universidade de Vigo promoven unha nova campaña arqueolóxica en Ons para ampliar o coñecemento sobre a ocupación do Castelo dos Mouros

Cunha duración prevista de catro semanas, a escavación está impulsada e financiada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático baixo a dirección do Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo

19/05/2026 | 15:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta tramita a repotenciación de preto de 20 parques eólicos para eliminar 626 aeroxeradores e aumentar nun 35% a súa produción de enerxía renovable

A maiores dos cinco parques galegos repotenciados antes de 2020, só nos dous últimos anos o Executivo autonómico autorizou xa oito proxectos deste tipo e recibiu nove solicitudes máis, que se atopan en fase de avaliación ambiental