Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.802 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

17/04/2026 | 13:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia en Viveiro os traballos para reducir o risco de inundación no núcleo da Tafona e mellorar a contorna do río Fontecova

Ángeles Vázquez destaca que esta actuación suporá un antes e un despois na protección das persoas e dos inmobles ante posibles asolagamentos cun investimento de preto de 1 millóns de euros, do que a Xunta aporta o 60%

17/04/2026 | 12:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental con condicións ao plan para urbanizar a zona do complexo industrial do Grupo Empresas Álvarez en Vigo e construír ata 950 vivendas

O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos no ámbito de actuación, pero inclúe condicionantes para introducir melloras nalgunhas cuestións

16/04/2026 | 17:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e Cretus avalían vías de colaboración para reforzar o papel de Galicia como referente en políticas ambientais e sostibilidade a nivel internacional

Coinciden en sinalar a celebración en Galicia da conferencia internacional da Sociedade para os Sistemas Socio-Ecolóxicos como unha oportunidade para visibilizar as prácticas e iniciativas galegas no eido da sostibilidade e da conservación da biodiversidade

16/04/2026 | 14:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta desenvolve en Lugo unha acción de concienciación para reforzar a recollida separada de biorresiduos

O delegado territorial informou desta iniciativa, enmarcada na campaña ‘Co marrón somos máis verdes’, e animou á cidadanía a facer unha correcta separación dos residuos domésticos para avanzar no modelo de economía circular

16/04/2026 | 13:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta demanda unha maior coordinación entre os organismos públicos de xestión da auga para optimizar os servizos prestados á cidadanía

Ángeles Vázquez destaca a importancia de intensificar a colaboración neste eido para atender mellor as necesidades da poboación e avanzar cara a unha Administración máis áxil, máis dixital e máis preparada para os retos futuros

16/04/2026 | 13:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Martina Aneiros participa nunha xornada de Inspiradores polo Clima para impulsar o talento novo no ámbito ambiental

A delegada territorial da Xunta en Ferrol animou aos 29 alumnos participantes na visita á Finca Horticina-Cool Farms en Cerdido a aproveitar as oportunidades da actividade

15/04/2026 | 20:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Cartelle avalían vías de colaboración para ampliar a rede de saneamento municipal e que chegue ao lugar de Doniz

O persoal de Augas de Galicia estudará o proxecto técnico que vai presentar o Goberno local co fin de avanzar no compromiso de financiamento das intervencións necesarias

15/04/2026 | 17:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca os máis de 118 M€ investidos nos últimos 10 anos en Sogama para mellorar a xestión dos residuos domésticos e os 100 M€ previstos ata 2030

Javier Domínguez pon en valor importantes actuacións como os máis de 30 M€ destinados á ampliación ao Complexo Medioambiental de Cerceda ou os 45 M€ da posta en marcha da rede de infraestruturas para a compostaxe da materia orgánica

15/04/2026 | 13:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca que Galicia reduciu un 68,5% as emisións netas contaminantes e consolida a súa posición de liderado a nivel nacional

Os últimos datos oficiais de 2024 confirman que o ritmo ao que baixan os gases de efecto invernadoiro na Comunidade é moi superior á media estatal e segue sendo a rexión que máis carbono absorbe, un total de 9,6 millóns de toneladas de CO2

15/04/2026 | 13:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo pon en valor os traballos realizados para a eliminación de especies exóticas invasoras na lagoa de Louro financiados pola Xunta

A delegada da Xunta explicou que é unha actuacións que está a desenvolver a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para a restauración e posta en valor de humidais de interese nas catro provincias galegas