Actualidade
Buscador de novas
A Xunta dá luz verde ambiental ao Proxecto de Interese Autonómico Escorial Vinteún en Ourense, coa previsión de urbanizar solo para máis de 1.600 vivendas
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna sempre que se cumpra cos condicionantes incluídos no documento co fin de preservar os valores de patrimonio cultural e favorecer unha axeitada integración paisaxística
Galicia rexistrou un mes de outubro seco e moi cálido
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a temperatura media en outubro foi de 16,1 graos, o que supón 1,6 graos máis do valor normal neste período
A Xunta retira 94 m3 de residuos das praias afectadas polo vertido de aceite de palma no porto de Vigo
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático manterá o seguimento desde terra, cun operativo de 12 persoas, 4 carretillas de carga e 2 mini retroescavadora
A Xunta avanza co Concello de Ourense na construción do segundo gran parque canino urbano da comunidade
Ángeles Vázquez explica que esta área localizarase no parque Angelita Paradela, que na actualidade funciona como área de esparexemento para a veciñanza
A Estratexia da paisaxe galega 2030 entra na fase de coordinación das accións entre os departamentos da Xunta para pechar o documento antes de final de ano
No marco desta nova xuntanza deuse conta aos asistentes da situación actual do borrador e do proceso participativo que se ven desenvolvendo, ademais de analizar de forma pormenorizada os cinco obxectivos fundamentais que guiarán a estratexia
A Xunta e o Concello de Touro estudan a mellora do servizo de abastecemento no municipio
Ángeles Vázquez indica que o persoal técnico de Augas de Galicia analizará os proxectos municipais para determinar a súa viabilidade e, a continuación, abrir vías de colaboración para acometer o seu financiamento
“Galicia, naturalmente”, unha mostra dedicada ao territorio galego e á súa beleza paisaxística
A mostra poderase visitar ata o 30 de novembro, nas salas Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro da Casa de Galicia en Madrid
A Xunta dá luz verde ambiental ao Proxecto de Interese Autonómico do Sagrado Corazón en Lugo, coa previsión de urbanizar solo para 1.200 vivendas
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna e inclúe condicionantes co fin de favorecer unha axeitada integración paisaxística
A Xunta destinou 14 M€ en 8 anos a reforzar a Rede galega de puntos limpos, que conta xa con 374 instalacións no conxunto da comunidade
Ángeles Vázquez salienta os 2,6 M€ concedidos ao abeiro das axudas deste ano para apoiar a 63 concellos na mellora deste tipo de instalacións, concibidas para garantir unha correcta xestión de fraccións especiais que quedan fóra da recollida ordinaria
A Xunta dá luz verde ambiental condicionada á instalación dun campamento turístico en Arteixo
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada