Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.802 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

09/10/2025 | 17:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Segue aberto o prazo para solicitar as axudas a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral

A última convocatoria deixou preto de 600.000 euros na provincia e beneficiou a 18 establecementos

09/10/2025 | 15:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo participa na recepción dun novo vehículo para a protección do medio ambiente adquirido polo Concello de Vimianzo cunha axuda da Xunta

A delegada da Xunta coñeceu o camión grúa que se incorpora ao parque móbil municipal para actuar con maior eficacia na protección do entorno natural do municipio

09/10/2025 | 15:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reparte máis de 105,6 toneladas de alimento para a fauna silvestre de zonas afectadas polos incendios do verán

As cámaras do helicóptero e as instaladas polos axentes ambientais en terra captaron a presenza de exemplares de diversas especies nas zonas de reparto

08/10/2025 | 17:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta axilizará as tramitacións ambientais dos proxectos necesarios para garantir os servizos de augas das vivendas previstas na cidade de Pontevedra e do parque empresarial do Campiño

Ángeles Vázquez indica que se programarán de xeito inmediato reunións técnicas bilaterais para avanzar no estudo das propostas que garantan que se cubran as futuras necesidades de saneamento e abastecemento da cidade

08/10/2025 | 13:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede 7,6 M€ en axudas destinadas á execución de auditorías e obras para mellorar as redes de saneamento e de abastecemento municipais

A contía máis importante, 4,11 M€, destinarase a reparar fugas e perdas de auga e outros 2,16 M€ cubrirán actuacións para evitar infiltracións nos sistemas municipais

07/10/2025 | 14:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta amplía a prealerta por escaseza moderada de auga aos sistemas de costa de Pontevedra e do río Verdugo, no que empeora a situación de Baiona

Acórdase activar medidas equivalentes a un escenario de alerta no subsistema de Baiona, desde o cal se abastece a poboación deste municipio pontevedrés e que presentaba indicadores propios de prealerta desde o pasado 7 de agosto

07/10/2025 | 14:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina 2,7 M€ en 2025 a actuacións de conservación fluvial ante o risco de inundacións

Ángeles Vázquez explica que a maioría deste financiamento se destina a actuacións en Áreas de Risco Potencial Significativo de Inundacións (Arpsi) e buscan permitir a libre circulación da auga polo río previndo eventuais asolagamentos

07/10/2025 | 14:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta dá luz verde ambiental condicionada á instalación dun campamento turístico en Muxía

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

07/10/2025 | 14:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta por unha Oficina de Economía Circular Industrial que asesore e detecte as necesidades das empresas para promover modelos de negocio sostibles

Haberá un Inventario Galego de Accións Circulares para coñecer o estado real da economía circular desde o punto de vista empresarial

07/10/2025 | 12:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca que só en tres meses máis de 170 concellos se sumaron ás novas compensacións pola xestión dos residuos eléctricos e electrónicos

Ángeles Vázquez explica que as entidades locais reciben agora 130 €/t polo novo acordo marco asinado en xullo cos scraps para xestión destes residuos e poden acceder a 440 €/t adicionais por actividades de reutilización de pequenos aparatos