Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.801 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

11/08/2025 | 12:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia os trámites para declarar espazo natural de interese local as carballeiras do río Alén, en Barcia de Mera, no concello de Covelo

A conselleira e o rexedor analizaron a memoria elaborada polo Concello co fin de preservar os valores naturais existentes na contorna mediante a súa declaración como ENIL e garantir así unha correcta xestión e conservación dos distintos espazos

09/08/2025 | 13:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsa a recuperación dos bosques de algas laminarias na costa lucense no marco dun proxecto con fondos da UE para preservar ecosistemas mariños

Cun investimento total de 4,46 M€, o obxectivo é mellorar o estado de conservación dos hábitats prioritarios incluídos en 12 espazos protexidos da Comunidade galega con accións orientadas ao desenvolvemento de aves en perigo de extinción, á eliminación de especies alóctonas e á recollida de lixo mariño, entre outras

08/08/2025 | 14:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoia ao Concello de Ordes con preto de 60.000 euros para mellorar o sendeiro do rego de Mercurín

As obras, cun investimento total de máis de 73.000 euros, inclúen a mellora da senda mediante a execución dun pavimento de terra, a substitución de especies vexetais alóctonas por outras autóctonas, a recuperación de zonas verdes adxacentes e a instalación de mobiliario

08/08/2025 | 14:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental á construción dunha nave de produción de combustibles sólidos recuperados a partir de residuos non reciclables en Sarria

A resolución, que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, inclúe condicionantes co fin de minimizar e compensar os posibles impactos que a execución do proxecto poida ter na contorna

08/08/2025 | 12:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa a recuperación e posta en valor das pontes colgantes de Calvelo, O Xirimbao e Soutomaior tras un investimento de 220.000 euros

Ángeles Vázquez salienta a importancia destas actuacións para vertebrar o territorio, mellorar a mobilidade nos espazos naturais e fomentar un turismo verde e sostible

08/08/2025 | 11:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsa a construción da futura planta de clasificación de residuos téxtiles en Cerceda co inicio dos traballos de movemento de terras

Cun investimento de 22,4 M€, dos cales 10,2 M€ se financiarán con fondos europeos, as novas instalacións ocuparán unha superficie de 8.000 m2 e contarán cunha capacidade inicial para tratar 3.000 Tn/ano, ampliable ata chegar a 24.000 Tn/ano

07/08/2025 | 13:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta emitiu preto de 130 títulos para usos e ocupacións do litoral no primeiro mes de exercicio pleno das competencias sobre a costa

Ángeles Vázquez destaca que entre os 127 expedientes resoltos desde o pasado 1 de xullo están arredor dun terzo das solicitudes de autorización trasladadas polo Goberno central e que estaban pendentes de emitir unha resolución

07/08/2025 | 12:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta activa a situación de prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Grande, en Camariñas

A maiores, tamén se aplicarán medidas equivalentes no subsistema de Baiona, desde o cal se abastece a poboación deste municipio pontevedrés

07/08/2025 | 12:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Marisol Díaz pon en valor o traballo constante de inspección da Xunta para velar pola protección e o coidado do patrimonio natural da comunidade

A responsable autonómica salientou a importancia de dotar aos axentes dos medios necesarios para desenvolver o seu labor de xeito óptimo pois en moitos casos teñen que facelo en zonas escarpadas ou de difícil acceso

06/08/2025 | 15:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a construción dunha explotación de cría de preto de 130.000 pitas no concello de Palas de Rei

A resolución, que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, inclúe condicionantes co fin de minimizar e compensar os posibles impactos que a execución da iniciativa poida ter na contorna