Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inviste preto de 400.000 euros no Courel para a recuperación de 45 héctareas de bosques, algunhas delas afectadas polos incendios de 2022
Os traballos, que contan con financiación europea a través dos fondos NextGenerationEU, comezaron a finais de xuño e desenvolveranse durante arredor dun ano para favorecer a rexeneración de áreas con importantes valores naturais
A primeira parte das obras de mellora da rede de saneamento e depuración no rural de Ferrol incidirá en seis parroquias cun investimento de máis de 5,7 M€
Ángeles Vázquez salienta que as actuacións, nas que a Xunta aporta o 70% do investimento e o Goberno local o 30% restante, beneficiarán a 1.350 habitantes de distintos núcleos de Brión, Covas, A Cabana e A Graña, Doniños e Esmelle
A Xunta financia con máis de 35.000 euros dúas obras de corrección de impactos paisaxísticos no concello de Dozón
As axudas permitirán mellorar o acabamento da cuberta do local social de Saa e intervir no lavadoiro municipal do lugar do Mosteiro
A Xunta realiza labores de conservación en varios tramos fluviais que suman 4,7 quilómetros no concello de Viveiro
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de seis semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta inicia o proceso para a elaboración da Estratexia galega da paisaxe horizonte 2030
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático acaba de licitar o servizo de asistencia técnica para a redacción do documento, o cuarto que se promove desde o ano 2011 para planificar e coordinar as actuacións na Comunidade neste eido
Ángeles Vázquez salienta que máis de 3.500 persoas participaron nas actividades organizadas en festivais musicais dentro do programa Mocidade polo Clima
A campaña `Van polo Clima´ pon á disposición dos máis novos en festivais musicais e campamentos de verán información relacionada co clima, actividades de carácter lúdico e charlas inspiradoras por persoas de referencia neste eido
A Xunta dá luz verde ambiental condicionada a un centro de tratamento de residuos téxtiles en Bergondo
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña efectos adversos significativos na contorna sempre que se cumpran as condicións fixadas no propio informe ambiental e na documentación avaliada
Galicia e outras comunidades esgotarán todas as vías para que o Gobierno central convoque de forma urxente a Conferencia Sectorial de Medio Ambiente
Trasladan a súa sorpresa e indignación ante a resposta inaudita e sen precedentes do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico á solicitude asinada esta semana por 15 conselleiros para exixir a celebración da reunión
A Xunta salienta que a posta en marcha da nova EDAR do Pino garante un servizo de calidade para 1.200 veciños de 5 núcleos rurais do municipio
Os traballos incluíron tamén a execución dunha nova estación de bombeo de augas residuais e das conducións necesarias para garantir o seu correcto funcionamento, cun investimento total por parte de Augas de Galicia de 2,2 millóns de euros