Actualidade
Buscador de novas
A Xunta abre o prazo para que entidades locais e protectoras poidan solicitar as axudas dirixidas ao coidado dos animais domésticos abandonados
Cun orzamento global de 1,33 M€, case o triplo que na convocatoria anterior, os interesados poderán acollerse a estes incentivos ata o vindeiro 12 de setembro
A Xunta e o Concello de Narón avalían vías de colaboración para acometer a mellora do colector xeral do río Freixeiro
Ángeles Vázquez explica a posibilidade de optar á declaración de interese xeral do Estado, que foi a fórmula empregada noutros proxectos de grande envergadura como as obras de construción da nova EDAR da Silvouta, no concello de Santiago de Compostela
A Xunta ultima a licitación das obras de mellora do abastecemento a Ribadeo e Trabada, cun investimento de máis de 8,5 M€ e que beneficiará a case 10.000 persoas
Roi Fernández subliña o compromiso do Goberno galego cunha actuación “clave” para o benestar da veciñanza e na que a maior achega económica será autonómica
A Xunta e o Concello de Vilamarín destinan preto de 230.000 euros a dotar de servizo de abastecemento aos núcleos de Xagrade e O Vilar
A Administración autonómica asume máis do 90% do investimento e o concello aporta a porcentaxe restante
A Xunta destaca o labor do Ceida para espertar a conciencia ambiental da cidadanía con máis de 1.500 accións formativas en 2024 e 48.000 participantes
Ángeles Vázquez salienta o traballo que desenvolve a entidade coa organización dunha ampla oferta de actuacións de dinamización, sensibilización, divulgación, formación e comunicación, así como de educación ambiental e asesoramento
A Xunta e a Federación Galega de Caza avalían vías de colaboración para a xestión do lobo e o xabaril
Coinciden na necesidade de que as comunidades autónomas poidan realizar accións de control puntual sobre o lobo
A Xunta dá luz verde ao informe ambiental da modificación do PXOM da Coruña para construír unhas 520 vivendas protexidas máis en Xuxán
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que os cambios de uso no sector SURT-2 do antigo Ofimático non terán efectos adversos significativos
Belén do Campo destaca a boa acollida das axudas da Xunta a concellos e particulares para a corrección de impactos urbanísticos
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convocou por quinto ano esta orde de subvencións que conta cun orzamento de dous millóns de euros
As costas galegas rexistraron o ano pasado 689 varamentos de animais mariños, a maioría cetáceos
Ángeles Vázquez anuncia que a Xunta acaba de renovar a súa colaboración coa Cemma, entidade coa que traballa desde fai 25 anos para garantir a asistencia e a recuperación dos animais que recalan ao litoral galego e o coidado do medio mariño