Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.600 novas da C. do Medio Rural:

20/07/2026 | 12:27 | C. do Medio Rural

Medio rural recomenda intensificar a vixilancia ante o incremento da presenza de defoliadores do millo

A Consellería lembra que a detección de masas de ovos e de larvas de primeiros estadios é o momento no que as medidas de control son máis eficaces e que, de ser necesaria unha intervención fitosanitaria, deberán empregarse produtos autorizados

20/07/2026 | 12:10 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a coordinación policial na loita contra os incendios forestais na provincia de Lugo

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, presidiu a reunión do comité provincial no que se informou sobre o desenvolvemento do operativo na campaña de alto risco

19/07/2026 | 13:35 | C. do Medio Rural

Medio Rural impulsa unhas xornadas para poñer en valor o selo artesanía alimentaria a través da divulgación e a degustación dos seus produtos

A iniciativa “Aula Aberta” achegará ao público os derivados cárnicos e lácteos artesanais da man de produtores, investigadores e centro tecnolóxicos

18/07/2026 | 10:10 | C. do Medio Rural

Medio Rural apoia con case 290.000 euros a Agrosoneira para favorecer a transformación e comercialización de produtos agrarios

Para facelo, están a desenvolverse diversas accións formativas dirixidas a estes axentes, e nas que ten participado o director xeral de Defensa do Monte, co fin de trasladarlles a importancia da súa implicación fronte ao lume

17/07/2026 | 21:03 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o seu apoio ao sector vitivinícola e ás iniciativas que dinamizan a economía do rural na Festa do Viño de Meaño

María José Gómez participou na inauguración deste evento, na que destacou a importancia deste tipo de celebracións para xerar cohesión social nestas zonas

17/07/2026 | 18:27 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca o éxito de matriculacións nos seus centros de formación agraria de cara o próximo curso

A conselleira María José Gómez avanza que o centro de formación de Lourizán acada preto do 91 % de cobertura no seu ciclo de Xestión Forestal, o Pedro Murias de Ribadeo rolda o 82 % no superior de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal e outros, como Sergude ou Becerreá, tamén teñen moi bos datos

17/07/2026 | 18:02 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 50.000 euros na mellora dos viais municipais de Esmoriz nunha visita a Arbo

Os traballos permitiron acondicionar tres camiños municipais cunha lonxitude total de 619 metros, mellorando a seguridade e a mobilidade da veciñanza

17/07/2026 | 17:22 | C. do Medio Rural

A Xunta consolídase como referente internacional na certificación forestal dos servizos que aporta o monte para mellorar os ecosistemas

A organización mundial PEFC, dedicada á certificación forestal, toma como referencia as axudas da Consellería do Medio Rural para incentivar os compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos como vía para ampliar o seu labor certificador