Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.611 novas da C. do Medio Rural:

28/05/2026 | 14:47 | C. do Medio Rural

Medio Rural avanza nos trámites do polígono agroforestal de Barzamedelle, en Leiro, e destaca os traballos de roza realizados

A conselleira María José Gómez comprobou os resultados destas tarefas que xa se executaron en tres cuartas partes da súa superficie

28/05/2026 | 14:40 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo participa nun simulacro de incendio forestal con afección á poboación para avaliar a coordinación dos servizos de emerxencia

A delegada da Xunta lembrou que esta actividade lévase a cabo no distrito V por tratarse dunha zona de risco con incidencia de incendios e unha alta presencia de peregrinos e veraneantes na época de estival.

28/05/2026 | 14:35 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina máis de 200.000 € a dous pasteiros en Laza e Vilariño de Conso cunha superficie de 28,73 hectáreas

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, comprobou hoxe os traballos realizados e destacou a súa contribución ao desenvolvemento rural, á conservación da biodiversidade e á prevención de incendios

27/05/2026 | 18:42 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres no concello de Sanxenxo

Este foco corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela que foi trasladado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo Cotobade 

27/05/2026 | 18:07 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca os apoios para máis de 40 proxectos empresariais que promoven a diversificación económica do rural

A conselleira do Medio Rural visitou as instalacións de SAT Seixas, en Taboada, unha das beneficiarias da convocatoria de axudas de 2026 de actividades non agrícolas, que conta cun investimento de 2,1 M €

27/05/2026 | 16:31 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza en WineMad 2026 a promoción dos viños galegos nun mercado estratéxico para o sector vitivinícola

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria asistiu hoxe á inauguración desta feira en Madrid, na que por primeira vez se apoia a participación de 22 adegas das diversas denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas

27/05/2026 | 15:25 | C. do Medio Rural

Medio Rural insiste ao Ministerio de Agricultura nas demandas para mellorar a posición negociadora dos gandeiros e as condicións dos contratos lácteos

O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, insistiu hoxe nestas reclamacións de Galicia, relacionadas co chamado paquete lácteo, un conxunto de normativas que regulan o sector

27/05/2026 | 15:03 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un simulacro de lume forestal para ensaiar o operativo de emerxencias na provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participaron na actividade, que se desenvolveu en Castroverde e Baleira

27/05/2026 | 13:32 | C. do Medio Rural

Medio Rural avanza na cooperación europea para mellorar a defensa contra os incendios forestais

A conselleira María José Gómez presentou hoxe o novo equipamento adquirido pola Xunta no marco do proxecto Interreg Sudoe USE4FOREST, consistente en dúas furgonetas que funcionarán como Postos de Mando Avanzado