Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.606 novas da C. do Medio Rural:

02/07/2026 | 16:52 | C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca en Melide o papel dos traballos preventivos dos distritos forestais para reducir o risco de incendios

A delegada da Xunta visitou hoxe os traballos de prevención a través de desbroces e da ampliación dun cortalume que o persoal do Distrito Forestal III Santiago-Meseta Interior está a desenvolver no Concello de Melide

02/07/2026 | 16:02 | C. do Medio Rural

Manuel Pardo destaca a aposta da Xunta pola cooperación internacional na loita contra os lumes

O delegado territorial explicou que durante a súa estadía recibirán formación teórica e práctica, empregando como base o Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén, unhas instalacións impulsadas pola Xunta e que están a consolidarse como un referente a nivel internacional no adestramento de bombeiros forestais de toda Europa

02/07/2026 | 15:57 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Villares e o alcalde de Cospeito avalían actuacións para mellorar as infraestruturas e servizos do municipio

A Xunta impulsou nos últimos meses obras na rede viaria, o parque empresarial ou en  recursos turísticos, como a adecuación do Museo da Auga ou a próxima reforma do acceso ao miradoiro da Terra Chá

02/07/2026 | 15:48 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca Galiforest como o gran escaparate da innovación e do potencial do sector forestal

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participa na inauguración da oitava edición desta feira, que se celebra ata o sábado no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude

02/07/2026 | 11:29 | C. do Medio Rural

Medio Rural apoia con máis de 2,8 M€ as actividades de promoción e difusión dos consellos reguladores e asociacións de produtores

A Consellería publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución destas axudas, cuxa finalidade é animar ás persoas consumidoras a adquirir produtos alimentarios incluídos no marco de programas de calidade diferenciada

02/07/2026 | 10:24 | C. do Medio Rural

Medio Rural publica a declaración de utilidade pública de tres reestruturacións parcelarias en Agolada

Trátase das de Agra-O Sexo-Val de Sangorza; Basadre-Eidián-Ramil; e A Baíña-Berredo-Órrea e abranguen en conxunto preto de 4.500 hectáreas, distribuídas en algo máis de 25.000 parcelas

01/07/2026 | 17:19 | C. do Medio Rural

A coordinación e a innovación tecnolóxica centran a reunión provincial para a campaña de incendios en Pontevedra

Os delegados territoriais destacaron o aumento do orzamento destinado á loita contra os incendios