Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.851 novas da C. de Política Social e Igualdade:

24/04/2025 | 15:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con máis de 700.000 € a construción da futura escola infantil de Mos, que contará con 41 prazas públicas gratuítas

A conselleira de Política Social e Igualdade puxo en valor a colaboración co Concello e sinalou que se trata dun novo recurso que tamén potenciará a conciliación familiar na área 

24/04/2025 | 12:14 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o papel das persoas maiores na sociedade galega e convida a loitar contra o idadismo

Sinala que no marco da estratexia contra a discriminación por idade que está a impulsar o Goberno galego nomearase un comisionado “con autoridade sobre todas as consellerías” que coordinará as diferentes accións que se desenvolvan

24/04/2025 | 11:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta defende a colaboración de todas as administracións para reforzar as accións a prol da saúde mental da mocidade máis vulnerable

O Executivo galego colabora co tecido asociativo para poñer en marcha programas que impulsan a autonomía e a inserción social dos nenos e adolescentes do sistema de protección autonómico

22/04/2025 | 16:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo para participar nos campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade

As actividades comezarán o 2 de xullo e prolongaranse ata o 14 de setembro e ofertaranse dúas modalidades: aventura na natureza ou xunto ao mar

22/04/2025 | 15:35 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García enxalza o labor que desempeñan o tecido asociativo e as familias na visibilización e sensibilización sobre o dano cerebral

A conselleira de Política Social e Igualdade sinalou a importancia da colaboración entre a Administración e as entidades para seguir avanzando nunha Galicia sen barreiras

22/04/2025 | 11:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre mañá o prazo para acollerse ás axudas para a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria desta liña de subvencións dirixidas a entidades e cooperativas sen ánimo de lucro

21/04/2025 | 15:58 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta
21/04/2025 | 15:35 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda destaca que a Xunta reforza o seu apoio económico ás familias acolledoras co incremento das axudas que perciben a partir do mes de maio

Esta suba suporá un investimento adicional de máis de 900.000 € e ten como obxectivo potenciar o acollemento e mellorar as condicións dos beneficiarios

20/04/2025 | 15:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta chegou o ano pasado a preto de 22.500 persoas a través dos centros Quérote+

Ademais, este servizo público desenvolveu máis de 500 obradoiros dirixidos á mocidade e ás familias en centros educativos, concellos e entidades

20/04/2025 | 13:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o avance das obras da residencia pública autonómica de Campolongo que rematarán a finais deste ano

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria lembrou que con estas actuacións se mellorará a eficiencia do centro e se crearán novos espazos específicos de atención aos usuarios