Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.017 novas da C. de Política Social e Igualdade:

28/04/2026 | 15:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Unidade Muller e Ciencia de Galicia presenta o plan de traballo para 2026, que inclúe o peche avaliativo do seu III programa, un novo plan e iniciativas tractoras para a súa dinamización

María Quintiana avanza que o reto de 2026 é preparar un salto cualitativo na igualdade efectiva dentro sistema galego de I+D+i

28/04/2026 | 13:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta por unha atención integral que teña en conta o benestar tanto físico como emocional das persoas maiores

Jacobo Rey destaca o modelo galego de coidados, centrado na humanización dos centros, a coordinación sociosanitaria, o emprego das novas tecnoloxías e a mellora continua das instalacións

27/04/2026 | 16:56 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García inicia unha viaxe institucional por América Latina para reunirse coa colectividade galega e con expertos do sector sénior

A conselleira de Política Social e Igualdade compartirá cos galegos no exterior as políticas públicas da Xunta para fomentar o envellecemento activo e facilitar a conciliación familiar

27/04/2026 | 14:47 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda anuncia que a Xunta inicia a tramitación da primeira Lei reguladora do terceiro sector da acción social de Galicia

Salienta que se busca “unificar nun único texto legal a regulación dun sector” que conta con 1.500 entidades na comunidade

27/04/2026 | 09:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá unha xornada sobre os riscos da trata e a violencia sexual na contorna dixital

Está organizada pola entidade social Diaconía e terá lugar no salón de actos o día 6 de maio, entre as 10 e as 13 horas

26/04/2026 | 16:59 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo asiste á comida popular organizada pola asociación de veciños Cabrui-Cruceiro

A asociación desenvolve ao longo do ano múltiples actividades, como excursións, cursos e comidas populares, organizadas tanto pola propia entidade como pola comisión de festas de Cabrui, consolidándose como un auténtico punto de encontro veciñal e un axente dinamizador do rural

25/04/2026 | 15:47 | C. do Medio Rural; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a rede de apoio que forma Aspnais en Lugo na atención e acompañamento as persoas con discapacidade

Durante a súa intervención, trasladou os parabéns do Executivo galego á asociación polos seus 60 anos “construíndo unha Galicia máis xusta, igualitaria e inclusiva”

25/04/2026 | 13:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reivindica o papel das administracións locais na promoción dos dereitos das mulleres e a igualdade de oportunidades

María Quintiana felicitou o concello de Curtis pola iniciativa que recoñece e dá visibilidade ó compromiso coa igualdade de xénero

25/04/2026 | 12:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta agradece ao concello de Friol o seu compromiso cos proxectos que buscan garantir o benestar dos maiores e das persoas con discapacidade

Lembra que a futuro centro de atención integral para persoas con autismo, que será xestionado por Aspanaes e contará con 48 prazas públicas, permitirá crear novos postos de traballo, favorecendo o asentamento de poboación no rural

24/04/2026 | 17:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a implicación da mocidade en favor da igualdade de xénero, o bo trato e a non discriminación

María Quintiana avogou por continuar reforzando o traballo de sensibilización no eido educativo para previr comportamentos machistas no futuro e consolidar os centros como espazos de igualdade