Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.022 novas da C. de Política Social e Igualdade:

12/03/2026 | 15:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia con case 500.000 euros a construción do novo fogar residencial da Gudiña, que contará con 14 prazas públicas de atención a persoas maiores

Fabiola García destaca que este centro, financiado a través do Plan de Investimentos, será o primeiro destas características co que contará o concello

12/03/2026 | 14:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade

Reguera informa en poio das axudas Emega ao emprendemento feminino

O delegado visitou o Moxena’s Coffee que recibiu unha axuda pola contratación de dúas persoas por conta propia e outra por conta allea con carácter indefinido

12/03/2026 | 13:54 | C. de Política Social e Igualdade

Martina Aneiros destaca a aposta da Xunta pola prevención contra o machismo durante a visita a un CIM móbil en Fene

A delegada territorial de Ferrol, coñeceu de man de dúas traballadoras a labor deste servizo posto en marcha polo Goberno galego

12/03/2026 | 12:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia con 145.000 euros o traballo de formación e preparación para a vida autónoma que realiza Aliad-Ultreia

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visita a entidade, onde destaca a importancia de mellorar a empregabilidade da persoas reclusas e exreclusas para a súa plena reinserción

11/03/2026 | 19:05 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que a nova escola infantil de Mos será un referente na comarca e na provincia

O Goberno galego investiu máis de 730.000 euros en financiar a construción deste centro que ofrecerá desde setembro 41 prazas públicas de 0 a 3 anos

11/03/2026 | 15:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avanza que abrirá un centro especializado en Burela para acoller menores estranxeiros non acompañados

O novo recurso vai contar cunha ducia de prazas xestionadas por unha entidade social referente na atención á infancia e a adolescencia

11/03/2026 | 14:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o Concello de Ribeira acordan o emprazamento da nova residencia pública de maiores

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou a parcela escollida, situada no lugar de Cruxeiras, con vistas ao mar e próxima ao núcleo urbano

11/03/2026 | 13:50 | C. do Medio Rural; C. de Política Social e Igualdade

Manuel Pardo destaca a función dos CIM móbiles da Xunta a prol da sensibilización en materia de xénero e igualdade nas zonas rurais e nos campus universitarios

O delegado territorial explicou que a función dos catro centros de información á muller (CIM) móbiles que a Consellería de Política Social e Igualdade puxo en marcha cun investimento de 1,6 millóns de euros, é concienciar á poboación para combater as desigualdades e as violencias contra as mulleres

10/03/2026 | 16:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta supervisa os avances nas obras de ampliación da residencia de maiores de Chandrexa de Queixa

O Goberno galego destina máis de 360.000 euros a financiar o 100% dos traballos, que consisten na creación de novos espazos comúns e de salas diferenciadas segundo actividades para mellorar o benestar e a comodidade dos usuarios

10/03/2026 | 14:42 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García avanza que os concellos poderán adherirse ao incremento do financiamento do Servizo de Axuda no Fogar desde finais de marzo

As administracións locais terán un mes desde a publicación da nova orde no Diario Oficial de Galicia para poder solicitar formalmente este incremento, que terá efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro