Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.022 novas da C. de Política Social e Igualdade:

25/11/2025 | 14:31 | C. de Política Social e Igualdade

Manuel Pardo subliña os máis dun millón de euros que a Xunta destina aos 17 CIM da provincia de Ourense a prol das vítimas de violencia de xénero

O delegado territorial destacou que este centro, que ten unha área de influencia nos concellos de Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín, recibiu unha achega da Consellería de Política Social e Igualdade de preto de 52.000 euros para levar a cabo os programas que garantiran ás mulleres axuda xurídica, psicolóxica ou de calquera outro tipo

25/11/2025 | 11:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta a importancia da formación continua para garantir a calidade dos coidados nas residencias de maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe á apertura dun curso na Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

25/11/2025 | 10:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre as inscricións para participar na XII Andaina contra a violencia de xénero ‘Camiño ao Respecto’ que se celebrará o vindeiro sábado en Santiago

As persoas interesadas poderán sumarse á iniciativa cubrindo o formulario habilitado na páxina web do evento

24/11/2025 | 18:20 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora con Fademur para impulsar accións de prevención, sensibilización e loita contra a violencia de xénero no rural

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero destacou que as xornadas Aliadas Sororas fomentan o diálogo aberto para seguir mellorando as políticas públicas nesta materia

24/11/2025 | 12:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta súmase á campaña de Nadal da Federación galega de enfermidades raras e crónicas

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe á presentación da iniciativa, que leva por título Calcetíns solidarios

22/11/2025 | 21:02 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García felicita a ACEM por tres décadas de loita contra a esclerose múltiple

A conselleira de Política Social e Igualdade asistiu á gala de conmemoración do aniversario da entidade social, que apoia a persoas con enfermidades neurodexenerativas