Actualidade
Buscador de novas
A Xunta avalía o avance das obras da nova residencia e centro de día para persoas maiores de Dozón, nas que inviste 1,5 millóns de euros
O centro residencial contará con 58 prazas e o de atención diúrna terá 20 destinadas ao coidado e atención dos maiores
Fabiola García lamenta na Conferencia sectorial de Infancia a falta de financiamento e planificación para o traslado a Galicia de máis de 300 menores migrantes
A conselleira celebra a retirada da orde do día da proposta do Goberno central de reducir a 15 prazas o tamaño dos centros de protección, unha cuestión á que se opuxeron a totalidade das comunidades e que poría en perigo o sistema
A Xunta apoia aos concellos con máis de 17,3 M€ para os seus servizos sociais e programas de inclusión
As achegas concédense a través de dúas liñas destinadas ás prestacións básicas de servizos sociais e a programas de reforzo de equipos de atención á infancia e familias
A Xunta denuncia o recorte do Goberno central en políticas de igualdade reducindo os fondos do Plan Corresponsables e sobrecargando ás comunidades
A directora xeral de Promoción da Igualdade lembrou no Parlamento que este exercicio Galicia perdeu 2,3M€ que tiña comprometidos para actividades de conciliación
Fabiola García aposta por impulsar iniciativas de envellecemento activo e recursos orientados ás persoas maiores que viven no rural
A conselleira detallou os resultados do Plan de choque para a dependencia e a discapacidade, que nos primeiros dez meses permitiu diminuír un 10% os tempos de tramitación e chegar ás 90.000 persoas atendidas
Fabiola García acusa ao Executivo central de poñer en risco o Plan de choque para axilizar a atención á dependencia e á discapacidade
Advirte que o recurso no Tribunal Constitucional presentado polo Goberno de España fai perigar os dereitos de 10.400 dependentes aos que se lles recoñeceu de maneira automática a discapacidade
A Xunta pon en valor a campaña ‘De faro a faro’ dos concellos de Ortegal como referente interinstitucional para combater a violencia de xénero
O Goberno galego apoia esta acción que busca sensibilizar e concienciar á poboación sobre as violencias contra as mulleres