Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.853 novas da C. de Política Social e Igualdade:

20/05/2025 | 17:43 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que Galicia reforzará a atención residencial a maiores co impulso de 24 novas residencias en concellos de menos de 50.000 habitantes

A conselleira reitera ao Goberno central que aborde o financiamento estrutural do sistema de atención á dependencia e cumpra co 50% do financiamento

20/05/2025 | 17:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta denuncia que o Goberno central consuma o recorte en políticas de igualdade ao aprobar a redución dos fondos do Plan Corresponsables

Galicia deixará de recibir 2,3 millóns de euros xa este ano para financiar actividades e recursos de conciliación de concellos, asociacións de pais e nais e entidades sociais

20/05/2025 | 13:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta denuncia que o Goberno central comprométese a financiar o 50% da dependencia no País Vasco mentres que en Galicia reduce as achegas

A conselleira de Política Social e Igualdade revela que o Goberno galego tivo acceso á acta dunha bilateral co País Vasco coa que o Executivo central “dá un novo paso á hora de establecer comunidades de primeira categoría e de segunda”

19/05/2025 | 19:04 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García salienta que as medidas impulsadas pola Xunta sitúan a Galicia como a comunidade coa menor taxa de pobreza infantil

En doce meses, a comunidade galega reduciu esta cifra en 10 puntos, ata quedar no 16%, moi por debaixo da media estatal que se sitúa no 34,1%

19/05/2025 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o papel das mulleres na transmisión da poesía popular oral galega entre o alumnado máis novo

A directora xeral de Promoción da Igualdade destacou que é fundamental que as xeracións máis novas coñezan o papel das mulleres en todos os ámbitos sociais e a súa contribución á historia galega

19/05/2025 | 14:39 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina case 21 M€ os vindeiros dous anos a financiar servizos e programas no ámbito da inclusión que leven a cabo entidades de iniciativa social

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, salienta que o orzamento desta orde sobe “case un 6%” con respecto á anterior

19/05/2025 | 14:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e Alar Galicia fomentan a inclusión sociolaboral das persoas participantes no programa ‘Mellora +’

A Delegación Territorial acolleu a entrega de diplomas a doce usuarios que completaron un curso de capacitación para potenciar as súas saídas laborais

18/05/2025 | 13:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta este luns o primeiro rexistro galego de familias monoparentais

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, resaltou o apoio do Executivo galego a todas as familia e reivindicou a súa importancia para o desenvolvemento social e a protección da infancia