Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.851 novas da C. de Política Social e Igualdade:

26/04/2025 | 14:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta celebra a Festa das Familias coa Asociación Aspnais en Lugo

O Goberno galego seguirá impulsando máis e mellores servizos que teñan en conta a profesionalidade, experiencia e proximidade das entidades sociais

26/04/2025 | 11:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia de formar en materia de violencia de xénero e igualdade ao persoal que imparte actividades dirixidas aos máis novos

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero participou nunha xornada formativa sobre igualdade de xénero destinada aos monitores da Escola de Verán que organiza cada ano a Fundación Eduardo Pondal

25/04/2025 | 15:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Política Social e Igualdade

A sede da Xunta en Lugo acolle a obra teatral ‘Mozas nas redes’, que conciencia sobre o acoso en redes sociais

Alumnado do IES Sanxillao presenciou hoxe o espectáculo, protagonizado pola actriz Estíbaliz Veiga

25/04/2025 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta agradece ás entidades sociais o labor que realizan para mellorar a calidade de vida das persoas con Párkinson e das súas familias

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria destacou que as VI Xornadas de Párkinson son fundamentais para seguir avanzando na aplicación de novos tratamentos terapéuticos

25/04/2025 | 12:22 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García avanza que o proxecto ‘O machismo é violencia’ levará a máis de 50 centros educativos de toda Galicia testemuñas reais de vítimas

A conselleira pon en valor este novidoso proxecto da Xunta, que “contribuirá a consolidar as experiencias educativas que comezamos no 25N e que queremos estender ao resto do ano”

24/04/2025 | 17:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traballa no novo decreto que regulará o Consello Galego das Mulleres para adaptalo á normativa vixente

O obxectivo é impulsar unha participación equilibrada que represente os diferentes ámbitos de actuacións das asociacións de mulleres

24/04/2025 | 16:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta enxalza as iniciativas da asociación Por Eles Tea de Ourense para acompañar ás persoas con autismo e potenciar as súas habilidades

A directora xeral de Persoas con Discapacidades sinalou que esta entidade social conta con programas de referencia en educación, en atención temperá e en intervención psicosocial