Actualidad
Buscador de noticias
Rueda amosa o compromiso da Xunta coa conservación e difusión do patrimonio arqueolóxico subacuático das costas galegas
Tendo en conta os valores históricos e a ameaza da súa desaparición, o Goberno galego levará a cabo en setembro unha intervención para documentar o pecio de Punta Restelos, en Fisterra, e rescatar pezas mobles
Rueda destaca o libro ‘Miradas do Camiño’ de Manuel Quintana Martelo como obra clave para achegarse aos sentimentos dos peregrinos na ruta xacobea
Salienta o carácter intimista á vez que universal desta publicación que recompila acuarelas do autor, baseadas na súa propia experiencia camiñando cara a Santiago
Rueda destaca o Grupo Cándido Hermida como un referente do prestixio internacional de Galicia no sector contract
Agradece a visión emprendedora e a aposta da firma pola innovación, o talento e a formación, destacando a súa colaboración pioneira coa FP Dual na comarca
Rueda pon a prolongación da autovía AG-59 como exemplo da aposta da Xunta na vertebración dunha Galicia con estradas máis seguras, cómodas e sostibles
Destaca que mañá abriranse ao tráfico os novos 3,5 quilómetros entre A Ramallosa e Pontevea, no municipio de Teo, tras un investimento de máis de 32 millóns de euros
Rueda destaca que a Rolda Leste de Ourense vai acurtar tempos, aliviar tráfico na cidade e facilitar os desprazamentos na zona
Anuncia que as empresas terán ata setembro para presentar ofertas, e que o obxectivo é adxudicar a obra antes de que remate este ano
Rueda anuncia a concesión da Medalla de Galicia para catro mulleres que son exemplo da integración, arraigo e o compromiso da colectividade galega no exterior
Rueda resalta que é “o galardón máis importante” que outorga a Xunta
Rueda destaca que a Xunta leva a candidatura da Ribeira Sacra ao comité de Patrimonio Mundial que comeza hoxe en Corea
O conselleiro de Cultura salienta a singularidade da paisaxe e o patrimonio hidráulico como os principais elementos para obter este recoñecemento da Unesco