Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.619 novas da A Presidencia da Xunta:

27/08/2025 | 14:58 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a apertura de 16 oficinas en toda Galicia para atender con axilidade ás persoas afectadas polos incendios

Lembra que este venres o Consello da Xunta extraordinario aprobará axudas para os veciños e concellos afectados polos lumes, como xa pasou coa comarca do Courel en 2022

26/08/2025 | 14:57 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda anuncia a desactivación do nivel 2 de emerxencia na provincia de Ourense e reitera o compromiso da Xunta coa loita contra os incendiarios

Pon en valor o traballo conxunto de técnicos e bombeiros forestais, axentes medioambientais, forzas de seguridade e equipos técnicos que permitiron estabilizar a situación

25/08/2025 | 15:28 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda reclama máxima vixilancia fronte aos incendiarios e medidas urxentes para evitar escorrentías nas zonas queimadas

O Goberno galego prepara un plan específico para evitar arrastres de terra e enchentes en áreas críticas, especialmente na provincia de Ourense

22/08/2025 | 16:07 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda sinala a necesidade de manter a presenza cando menos do Exército durante a fin de semana para axudar en labores de contención e recanalización

Destaca que, se ben na provincia de Ourense a situación evoluciona favorablemente, non se pode baixar a garda

21/08/2025 | 15:14 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural C. do Medio Rural

Rueda visita o Posto de Mando Avanzado de Quiroga para facer un seguimento da situación das zonas afectadas polos lumes

Afirma que xa se están facendo labores para asegurar o perímetro do incendio orixinado en Larouco e o seguinte paso é estabilizalo

19/08/2025 | 19:38 | A Presidencia da Xunta

Rueda informa de que a Xunta proveerá alimentación para o gando a todas as explotacións gandeiras afectadas polos lumes

Insta aos gandeiros a que se poñan en contacto co seu concello para que este lle traslade as súas necesidades á Xunta.

18/08/2025 | 16:09 | A Presidencia da Xunta

Rueda detalla o paquete de axudas da Xunta que se aprobará a semana que vén para os afectados polos incendios

Recalcou que en canto estean controlados os lumes, tocará cuantificar os danos para de inmediato resarcir aos damnificados

17/08/2025 | 16:28 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda pide ao presidente do Goberno que o Exército reforce canto antes o dispositivo en Galicia para frear os incendios

Comunicou o seu desexo de que todas as peticións trasladadas se materialicen con urxencia

16/08/2025 | 16:52 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda anuncia que a Xunta aprobará no primeiro Consello un paquete de axudas para os afectados polos incendios

Incidiu na necesidade de poñer en marcha canto antes axudas específicas para as persoas afectadas polos lumes e contar co apoio do Goberno central neste senso