Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.619 novas da A Presidencia da Xunta:

14/08/2025 | 18:42 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a coordinación entre todos os medios para a loita contra os lumes

Agradeceu o traballo feito durante todos estes días por parte do persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais galegos, das Forzas e corpos de seguridade do Estado, voluntarios de Protección Civil, UME, brigadas municipais e bombeiros dos consorcios provinciais e cidades

13/08/2025 | 14:38 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta que se están extinguindo arredor de 30 lumes diarios e que no que vai de agosto xa houbo 250 incendios máis que o ano pasado

Fai un chamamento á prudencia ante as previsións meteorolóxicas, que fan que a situación vaia seguir sendo “moi complicada” nos próximos días

12/08/2025 | 22:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

Rueda agradece o traballo do dispositivo que está loitando contra os incendios en Galicia e chama a extremar as precaucións

Desexou unha pronta recuperación para os bombeiros da brigada de Oímbra que resultaron feridos

11/08/2025 | 14:41 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda anuncia a primeira convocatoria de axudas dunha nova liña para impulsar o relevo xeracional na pesca

Sinala que a iniciativa contribuirá a que os mozos e mozas “poidan ter esa primeira experiencia e que a tradición mariñeira de Galicia se manteña con sabia renovada”

10/08/2025 | 22:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda participa na Solemne Procesión da Virxe Peregrina en Pontevedra

O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou na Solemne Procesión da Virxe Peregrina en Pontevedra.

10/08/2025 | 16:16 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o sector vitivinícola como “marca de identidade” da Galicia Calidade

Subliña o traballo das denominacións de orixe para “poñer en valor os viños de cada zona” e salienta o auxe do enoturismo na Comunidade

09/08/2025 | 22:38 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña o compromiso da Xunta por situar Galicia á vangarda dos tratamentos oncolóxicos

Lembra que a loita contra o cancro é unha das prioridades do Goberno galego, que investiu arredor de 120 M€ en alta tecnoloxía para combater a enfermidade