Actualidade
Buscador de novas
A Xunta lanza o Marco galego para o impulso educativo, centrado no reforzo da lectura e as matemáticas, o apoio docente e a mellora continua
Tras os datos do último informe PISA e, aínda que Galicia se mantén por riba da media española nas áreas avaliadas, “non podemos estar satisfeitos e imos facer todo o que estea nas nosas competencias para reverter esta situación”, indicou Rueda
Rueda lanza o terceiro episodio do seu podcast Galicia Calidade cunha entrevista ao xornalista Álex Fidalgo
Dá así continuidade ao proxecto tras conversar nos dous primeiros programas co pediatra Federico Martinón e coa triatleta e campioa paralímpica Susana Rodríguez Gacio
Rueda pon en valor o traballo de cooperativas como Cofano para garantir o acceso rápido e seguro aos medicamentos en toda a comunidade
Asegura que para a Xunta é unha prioridade garantir a prestación farmacéutica en todo o territorio e facilitar a adherencia aos tratamentos
Rueda destaca o papel estratéxico do novo centro de BorgWarner como motor da mobilidade sostible e da captación de talento investigador
Subliña que este centro de investigación de vangarda, de máis de 5.000 m² no parque empresarial Porto do Molle, consolida a rexión como un polo tecnolóxico de referencia
Rueda destaca a Cidade Infantil Príncipe Felipe como referente do sistema galego de protección á infancia e exemplo de colaboración entre administracións
Pon en valor que o modelo autonómico de atención aos menores vulnerables é dos máis integradores de España
Rueda destaca que a nova ETAP de Padrón supón un paso decisivo para blindar o subministro de auga á veciñanza de nove concellos do entorno do río Ulla
A Xunta achegou 10,5 M€ para aumentar a capacidade de tratamento da planta nun 40% e atender a 90.000 habitantes no horizonte 2044
A Xunta inicia o proceso para acelerar a integración laboral das persoas acollidas á regularización extraordinaria e cubrir vacantes das empresas
Alfonso Rueda lembra que este proceso xa está a ter impacto nas cifras de paro rexistrado, con “máis de 2.100 persoas inscritas nas oficinas de emprego da comunidade como consecuencia deste proceso”