Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.742 novas da A Presidencia da Xunta:

15/09/2025 | 18:14 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda e Urkullu avalían vías de cooperación entre a Xunta e a Fundación eAtlantic para impulsar a fachada atlántica europea

O presidente do Executivo autonómico mantivo esta tarde un encontro co ex lehendakari do Goberno vasco, promotor desta nova entidade que ten entre os seus obxectivos fomentar unha gobernanza participativa e multinivel na Unión Europea

15/09/2025 | 16:09 | A Presidencia da Xunta
15/09/2025 | 16:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta de Galicia reforza a loita contra o acoso escolar cunha nova ferramenta para que os docentes poidan intervir dun xeito áxil e rápido ante posibles conflitos

O presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, sinala que o novo Termómetro Acoso Escolar está orientado a blindar os centros escolares como “espazos seguros e libres de calquera violencia”

15/09/2025 | 15:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Xunta xa ten en marcha o 73 % das vivendas de promoción pública comprometidas para esta lexislatura

O Consello da Xunta de Galicia dá conta do informe da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas que cifra en 2.943 as novas vivendas en marcha, o que supón un investimento xa licitado de 208 M€, e un total estimado de 451 M€

15/09/2025 | 15:58 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta inicia os trámites para a aprobación da futura Lei galega de acoso e violencia dixital

Destaca que a nosa Comunidade será a primeira en contar cunha lexislación específica neste ámbito para previr e apoiar as vítimas, que son maioritariamente menores, mulleres e persoas LGTBI

15/09/2025 | 12:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda compromete para esta lexislatura unha nova Lei de Administración Local de Galicia

Destaca a importancia da fiscalización das contas municipais para acadar unha xestión económica ordenada e planificada

14/09/2025 | 15:59 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda reivindica en Oviedo a irmandade histórica entre Galicia e Asturias e aposta pola cooperación fronte aos desafíos presentes e futuros

Destaca a importancia do Camiño Primitivo como un dos principais símbolos de unión entre ambos territorios, con máis de 21.000 peregrinos no que levamos de ano, un 12% máis que o ano anterior

13/09/2025 | 15:35 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta
12/09/2025 | 13:44 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor que a Xunta xa ten identificados 1.600 elementos a incluír no Catálogo de bens culturais do litoral galego

Este fito acadouse en tan só dous meses desde que o Estado formalizou o traspaso de servizos e funcións en materia de ordenación e xestión do litoral