Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.750 novas da A Presidencia da Xunta:

11/06/2025 | 17:50 | A Presidencia da Xunta

Lete asegura que o regreso do Campionato de España de orientación en idade escolar a Galicia “ratifica á nosa comunidade como referente no deporte base”

O secretario xeral para o Deporte amosou o seu convencemento de que a celebración do campionato en Galicia axudará a incrementar as preto de 700 licenzas da federación galega, das que o 36% son de mulleres

11/06/2025 | 14:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a aposta da Xunta por manter Galicia á vangarda en calidade e innovación pola xestión da auga

A colaboración do Goberno galego coa entidade que permitiu desenvolver proxectos conxuntos como as melloras na EDAR de Viveiro ou no sistema de abastecemento da marxe dereita da ría de Arousa, entre outros

10/06/2025 | 14:00 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

O Son do Camiño a punto para a súa celebración desde este xoves no marco dos Concertos do Xacobeo

O director de Turismo de Galicia, xunto coa directora xeral de Promoción da Igualdade,  visitou esta mañá o recinto do Monte do Gozo durante a montaxe dun evento que prevé unha participación de máis de 100.000 persoas

10/06/2025 | 11:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda enxalza a folla de ruta da Xunta cara unha Galicia máis industrial, sustentable e con acceso á vivenda

Salienta a aposta do Goberno autonómico porque Galicia “siga medrando” e “non perda oportunidades”

09/06/2025 | 22:36 | A Presidencia da Xunta

Rueda respalda ao tecido empresarial como eixo de desenvolvemento económico na entrega dos II “Premios Empresa del Año en Galicia”

A Xunta leva mobilizados máis de 530 millóns de euros neste exercicio para apoiar directamente o tecido empresarial, mediante liñas de axuda ao investimento, á innovación, á dixitalización ou á internacionalización.

09/06/2025 | 17:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

Rueda e o presidente da Real Academia Galega reforzan a cooperación para impulsar a lingua

O presidente da Xunta mantivo un encontro con Henrique Monteagudo e membros da comisión executiva da entidade no que se resaltou a vontade por ambas partes de avanzar no Pacto pola Lingua

09/06/2025 | 15:25 | A Presidencia da Xunta
09/06/2025 | 15:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A Xunta presenta a maior oferta de formación sanitaria especializada da súa historia coa convocatoria de 676 prazas para o exercicio 2025-2026

Rueda salienta que o número de prazas ofertadas na comunidade aumentou “un 77%”  na última década

09/06/2025 | 15:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Xunta inclúe no novo decreto de FP a figura do profesor asociado e avanza no recoñecemento mutuo de créditos entre estas ensinanzas e a universidade

Destaca que o novo texto abre tamén a porta á posibilidade de deseñar currículos de carácter internacional, con validez en máis dun país