Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.661 novas da C. de Sanidade:

08/10/2026 | 11:33 | C. de Sanidade

A Xunta licita por preto de 870.000 euros as obras para mellorar a climatización dos centros de saúde do Milladoiro e Concepción Arenal de Santiago de Compostela

As dúas licitacións corresponden a contratos independentes, cun orzamento de 411.400 € para o centro de saúde do Milladoiro e de 458.566,67 € para o Concepción Arenal

08/10/2026 | 09:40 | C. de Sanidade

A cidadanía galega está chamada a doar sangue nas xornadas previas á ponte festiva de outubro

A ADOS convida a participar activamente na campaña de doazón que se achegará ata máis de corenta concellos galegos ata finais da próxima semana

07/10/2026 | 20:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda destaca o papel fundamental dos médicos de familia e aposta por reforzar a atención primaria

Recorda que Galicia vén de presentar un Plan de reforma deste nivel asistencial que inclúe melloras para pacientes e profesionais

07/10/2026 | 18:50 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño garante que a Xunta dedicará os máximos esforzos a recuperar a actividade médica suspendida, reforzar a capacidade asistencial e reducir demoras

Lembra que antes dos paros de facultativos a tendencia da espera media para cirurxías en Galicia era positiva, con 4.200 pacientes operados máis que o ano anterior e a redución do tempo medio de espera en máis dun día

07/10/2026 | 18:36 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza que o centro de saúde de Poio é un dos 14 seleccionados para probar o novo modelo de axendas previsto no Plan de reforma da atención primaria

A semana que vén comezará a testarse no centro de saúde de Afanáns a organización que establece un limiar de 30 consultas por día para medicina de familia e 25 para pediatría

07/10/2026 | 16:52 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño informa do avance do Plan Director do Complexo hospitalario universitario de Ourense, que contará cun edificio de 12 plantas e un novo materno-infantil

O Hospital de Ourense dispón desde hai pouco dunha nova Unidade de Coidados Intensivos, unha Unidade de Ictus e unha nova Unidade de Medicina Nuclear

07/10/2026 | 14:47 | C. de Sanidade

A rede de psicoloxía clínica en atención primaria da Xunta acadará os 36 profesionais o ano que vén co obxectivo de chegar aos 50 en 2030

No primeiro semestre no ano, os servizos de psiquiatría do Sergas realizaron ao redor de 217.000 consultas, das que aproximadamente 80.000 corresponderon a psicoloxía clínica

07/10/2026 | 13:27 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 2,36 M€ a subministración de equipamento TIC para 1.700 postos de traballo do hospital Novo Montecelo

O contrato abrangue o subministro, instalación e posta en marcha do equipamento informático

07/10/2026 | 11:43 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 1,4 M€ a ampliación da sala de resonancia magnética do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

O novo espazo quedará integrado na unidade de resonancia existente e incorporará novos espazos entre os que se inclúen despachos de informes, salas técnicas e unha zona de recuperación, entre outros

06/10/2026 | 17:46 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde prepara o dispositivo organizativo e de seguridade para os exames que se celebrarán na fin de semana do 24 e 25 de outubro

Na xornada do sábado, o Recinto Feiral Internacional Semana Verde de Galicia, situado en Silleda, acollerá as probas de acceso ás categorías de técnico en farmacia, logopedista e condutor