Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.661 novas da C. de Sanidade:

02/10/2026 | 12:34 | C. de Sanidade

A Xunta destaca o papel fundamental dos fisioterapeutas na prevención e na recuperación da autonomía e a calidade de vida dos pacientes

Alfredo Silva remarca que Consellería de Sanidade está a impulsar un novo modelo de rehabilitación funcional, máis próximo e adaptado ás necesidades clínicas e sociais de cada paciente

02/10/2026 | 12:22 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 26,6 M€ a subministración de material cirúrxico dun só uso para a realización de intervencións laparoscópicas e de cirurxía aberta nos hospitais do Servizo Galego de Saúde

O contrato tamén inclúe a posta á disposición dun mínimo de 24 torres de laparoscopia e do equipamento complementario necesario para a súa utilización

01/10/2026 | 15:01 | C. de Sanidade

A incidencia da gripe rexistra unha tendencia crecente, cun aumento da dispensación de antigripais e do número de consultas na última semana

As taxas de dispensación de antigripais e de probas de antíxenos nas farmacias aumentaron un 24,5 % e un 88,9 %, respectivamente

01/10/2026 | 13:52 | C. de Sanidade

A Xunta inicia a vacinación contra a gripe e a covid en residencias e centros de discapacidade da área de Vigo

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, anima á cidadanía a sumarse a campaña que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos

01/10/2026 | 13:40 | C. de Sanidade

A Xunta intensifica a vacinación dos maiores da provincia de Ourense na nova campaña da gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos

Manuel Pardo sinalou que na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hai 121.489 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 76.800 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a inmunización fronte á covid

01/10/2026 | 13:29 | C. de Sanidade
01/10/2026 | 11:47 | C. de Sanidade

Martina Aneiros anima aos maiores de Ferrolterra a sumarse á campaña de vacinación fronte á gripe

A delegada da Xunta en Ferrol, xunto á xerente da Área Sanitaria, Fernanda López Crecente, e o director asistencial, José Lorenzo Muñoz, visitaron esta mañá a residencia de maiores de Caranza para comprobar o desenvolvemento da xornada de vacinación

01/10/2026 | 11:14 | C. de Sanidade

A Xunta inicia a vacinación fronte á gripe nas residencias de maiores e de persoas con discapacidade de Lugo

O delegado territorial, Alfonso Villares, comprobou a marcha da campaña no centro da Fundación de Dano Cerebral en Castro Ribeiras de Lea

30/09/2026 | 17:11 | C. de Sanidade

A Mesa Sectorial de Sanidade aproba os criterios que determinarán os reforzos e a creación de novas prazas nos servizos de atención primaria

Crearase unha nova praza estrutural de médico de familia cando se supere unha media diaria de 36 consultas por profesional e a ratio sexa superior a 1.200 tarxetas por cota