Actualidade
Buscador de novas
O 061 de Galicia e a Orde de Malta melloran a asistencia sanitaria a peregrinos e visitantes na Catedral de Santiago
O dispositivo sanitario do 061 permanecerá entre as 09,30 e as 14,30 horas na Oficina de Atención ao Peregrino, desprazándose ás 12,00 ata a Catedral de Santiago durante a Misa do Peregrino
A Xunta e a Universidade de Santiago asinan un convenio para a cesión das dependencias do Monte da Condesa e consolidar Galicia como centro de producción terapias avanzadas
O acordo establece que o departamento sanitario da Xunta poderá facer usos destas instalacións durante os vindeiros 20 anos
A Xunta adxudica por máis de 1,7 M€ o subministro da vacina intranasal da gripe para a súa administración a nenos de 2 a 11 anos
Esta vacina é un aerosol nasal que presenta vantaxes sobre a convencional, xa que a técnica de administración é menos invasiva
A Xunta licita por máis de 35 M€ á adquisición de válvulas cardíacas con destino ás unidades de Cardioloxía do Servizo Galego de Saúde
A adquisición de diferentes próteses valvulares aórticas, tricuspídeas e pulmonares transcatéter suporá un investimento de 35,6 millóns de euros
O concello da Laracha súmase á campaña especial Non esquezas doar antes de veranear da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
A Laracha foi o municipio de maior taxa de doazón na bisbarra de Bergantiños en 2024, cunha participación de 54 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas por un importe de 1,3 M€ para programas de carácter sociosanitario no eido dos trastornos mentais
O Executivo galego incrementa nun 11,8 % a partida destinada ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a realización de actividades que melloren a calidade de vida destes pacientes
Gómez Caamaño subliña o salto na calidade asistencial acadado coas novas urxencias de Verín, que suman máis de 8.500 atencións en oito meses de funcionamento
Avanza que se prevé dotar o hospital dunha nova helisuperficie anexa ao novo edificio de Urxencias como actuación prioritaria no plan da Xunta para acondicionar estes espazos
A Xunta convoca preto de 2.000 prazas de enfermeiro para o ingreso por concurso-oposición como persoal estatutario fixo no Servizo Galego de Saúde
Ofértanse 1.980 prazas, das cales 1.361 son para a quenda de acceso libre, 495 de promoción interna e 124 pola quenda de discapacidade xeral
A Consellería de Sanidade e Cruz Vermella colaboran con asistencia básica e curas aos peregrinos a través dun punto de atención en Portomarín
Os voluntarios realizan valoración e tratamento de feridas superficiais, rozaduras e bochas, aplicando os primeiros coidados ante a fatiga e o sobreesforzo, derivando aos peregrinos aos centros sanitarios do Sergas Saúde só cando é necesario
A campaña estival “Non esquezas doar antes de veranear” chega ao concello de Arteixo
A localidade acadou 1.626 doazóns de sangue en 2024, cunha taxa de 48 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, o que representa a maior participación da comarca