Actualidade
Buscador de novas
A Xunta salienta o labor referente do Centro Gallego de México e a aposta común por difundir entre a mocidade do exterior a identidade de Galicia
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración asistiu xunto co secretario xeral da Emigración á romaría, Jira Campestre, organizada por esta entidade para difundir a riqueza cultural de Galicia e que promove entre as novas xeracións a súa conservación
O secretario xeral da Emigración e o director da Axencia de Turismo de Galicia viaxan a México para promover as oportunidades de retorno a Galicia
Este tipo de accións son fundamentais para informar de primeira man á colectividade galega no exterior sobre as posibilidades reais que existen para o seu regreso e sobre as potencialidades de formación do Centro Superior de Hostelería de Galicia
Rueda enxalza á comunidade galega na diáspora como os embaixadores de Galicia para as futuras xeracións
O programa ‘Reencontros con Galicia’ facilita que cidadáns de máis de 65 anos residentes no territorio americano poidan visitar Galicia e reconectar coas súas orixes
Rueda viaxará á Arxentina e o Uruguai para apoiar as empresas galegas na captación de talento exterior e reforzar as relacións institucionais con estes países
Asistirá a unha das feiras de emprego organizadas pola Xunta dentro do seu plan para favorecer a atracción de persoas traballadoras cualificadas, co foco nos galegos da diáspora que desexan retornar
As axudas extraordinarias da Xunta para o retorno de persoas emigrantes poderán solicitarse desde o vindeiro 20 de febreiro
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas dotada cun crédito inicial de 2,3 M€ —que se poderá reforzar segundo a demanda— e coa que se estima apoiar unhas 1.000 familias
A Xunta lanza a nova convocatoria de Escolas Abertas para impulsar a formación especializada dos docentes das entidades galegas do exterior
Esta iniciativa do Goberno galego promove a formación especializada para as persoas que imparten docencia nas entidades galegas do exterior, en actividades como baile, percusión, pandeireta ou cociña, entre outras
A Xunta dá a coñecer en Francia as oportunidades de atracción e retorno que ofrece Galicia aos investigadores
A Axencia Galega de Innovación e a Secretaría Xeral de Emigración participan na Asemblea Xeral da Sociedade de Investigadores Españois en Francia xunto ás tres universidades públicas de Galicia
A Xunta potencia a iniciativa emprendedora dos galegos retornados cunha liña de axudas de 1 M€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha nova convocatoria deste programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes abrirá o vindeiro 7 de febreiro e prolongarase ata o 30 de setembro
A Xunta abre unha nova convocatoria de 250 bolsas BEME de máster en Galicia para a mocidade galega residente no exterior
O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con bolseiros BEME do curso 2024-2025 e unha profesora dun dos másteres para destacar o impacto desta medida no retorno e na formación cualificada
A Secretaría Xeral da Emigración e a Axencia Galega de Innovación avanzan na colaboración para atraer talento investigador do exterior
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión coa directora xeral da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo