Actualidade
Buscador de novas
Dous terzos dos concellos da nosa Comunidade contan con algunha iniciativa emprendedora liderada por galegos retornados co apoio da Xunta
Na última década, a liña de axudas ao retorno emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración apoiou cun investimento directo de 5,3 millóns de euros a posta en marcha de máis de 800 proxectos, ubicándose case a metade -o 48%- fóra das cidades
Preto de 8.500 persoas retornan a Galicia marcando un novo récord na serie histórica
Segundo o Instituto Nacional de Estatística, o saldo migratorio positivo de Galicia alcanza novamente cifras históricas en 2023, con 25.738 persoas
A Xunta procurará o retorno de 200 galegos do exterior investindo 2,3 M€ no programa Retorna Cualifica Emprego con axudas para o acceso á vivenda
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da segunda edición deste programa, enmarcado na Estratexia Galicia Retorna
Rueda destaca que a viaxe a Brasil permitiu potenciar as relacións comerciais e reforzar os lazos coa colectividade galega
Subliña as reunións mantidas con empresas e institucións brasileiras e galegas para intensificar a presenza de compañías da comunidade no país suramericano
Rueda invita á mocidade do exterior a retornar a Galicia co apoio das bolsas BEME, que se estenderán aos estudos de grao o próximo curso
Pon en valor que a Estratexia Retorna da Xunta conta con ata 100 medidas, co obxectivo de favorecer o regreso duns 30.000 galegos do exterior ata o 2026
Rueda reafirma o apoio da Xunta ao empresariado galego no Brasil para fomentar a cooperación e os lazos económicos entre ambos países
Asina un convenio de colaboración con Abegal para fomentar as relacións comerciais, profesionais e de investimento, así como apoiar a captación de novos asociados para a entidade Abegal, fortalecendo a súa presenza no mercado brasileiro
Rueda inicia hoxe unha viaxe a Brasil para potenciar as relacións comerciais co país e reforzar os lazos coa colectividade galega
Mantivo unha reunión co vicegobernador do estado de São Paulo para afianzar os contactos institucionais
A Xunta pon en valor o programa ‘Reencontros con Galicia’ para seguir reforzando os vínculos sociais e culturais coa colectividade do exterior
Esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e galegas do exterior maiores de 65 anos coa Galicia actual e coas súas familias
O secretario xeral da Emigración celebra que a hispanidade se nutra das entidades galegas en Nova York mostrando o carácter universal da nosa cultura
Antonio Rodríguez Miranda participou no Desfile do Día da Hispanidade en Nova York