Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 425 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

22/11/2025 | 10:46 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por promover o deporte para mellorar a saúde e a calidade de vida da poboación galega

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participa na xornada Exercicio físico e cancro, organizada pola Universidade da Coruña e a Administración autonómica no marco da Cátedra SXD Galicia Activa

21/11/2025 | 13:36 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Club Fluvial de Lugo na adquisición dunha furgoneta para a sección de piragüismo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que a Secretaría Xeral para o Deporte achega 10.000 euros con cargo á orde de axudas a entidades deportivas para adquirir equipamento

20/11/2025 | 11:26 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo define aos deportistas que participaron no Mundial de Ximnasia de Trampolín como os mellores representantes da marca Galicia Calidade pola súa excelencia e compromiso cos valores do deporte

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes recibiu hoxe a Melania Rodríguez, Marta López, Aintzane Dapena e Adrián Soliño, tras a súa participación no campionato celebrado este mes en Pamplona 

18/11/2025 | 15:05 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Emevé adica o partido do sábado fronte ao Sayre de Illas Canarias á campaña da Xunta contra a violencia de xénero

A Secretaría Xeral para o Deporte colabora un ano máis cos clubs femininos de alta competición para reivindicar o papel das mulleres no deporte e na sociedade

18/11/2025 | 14:30 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
17/11/2025 | 19:26 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta aos clubs de Ferrolterra a nova plataforma ‘Terra Move’ de apoio ao mecenado deportivo coa Fundación Amare Terra

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, puxo en valor esta iniciativa pioneira en España na que o Goberno galego inviste 250.000 euros 

16/11/2025 | 16:23 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta felicita aos 300 deportistas que participaron nos Xogos Nacionais de Fútbol Sala de Special Olympics

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou a colaboración entre o Goberno galego e a entidade para seguir promocionando o deporte adaptado

13/11/2025 | 14:52 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As 287 entidades beneficiarias das axudas para equipamento deportivo da Xunta xa poden pedir o anticipo do 100%

Dende 2009, a Xunta de Galicia leva investidos preto de 12 millóns de euros para o equipamento deportivo de clubs e federacións

13/11/2025 | 13:03 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte

Belén do Campo e o CRAT Arquitectura presentan o partido deste sábado contra o Sevilla para visibilizar a loita contra a violencia de xénero

A delegada da Xunta salientou, durante a presentación, que o deporte galego é hoxe un espazo de igualdade en constante crecemento, no que as mulleres ocupan cada vez máis protagonismo e inspiran ás novas xeracións

12/11/2025 | 13:16 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sinala a excelencia do deporte galego como símbolo da marca Galicia Calidade

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes felicitou o xogador de baloncesto 3x3 Carlos Martínez e o piloto de rallys Luis Penido polos recentes logros nas respectivas disciplinas