Actualidade
Buscador de novas
O delegado territorial en Pontevedra visita o cros escolar de Pontevedra
A Illa das Esculturas acolleu un cros escolar no que participaron centos de escolares de varios centros educativos da cidade
A Xunta achega máis de 63.000 euros para converter o antigo campo de fútbol de Beariz nunha área de deporte e lecer
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou as pistas de pádel realizadas a través da Orde de infraestruturas de uso público do ano 2025
A Xunta abre mañá o prazo de solicitude para unha bolsa de formación en asuntos europeos no eido da I+D+I
A convocatoria conta cun orzamento de case 20.000 euros e enmárcase no programa formativo dirixido a promover o contacto cos asuntos europeos e as institucións comunitarias desde unha perspectiva galega
A Xunta destaca o papel dos graduados sociais na resolución dos conflitos laborais
O director xeral de xustiza, José Tronchoni, participou hoxe na inauguración da VI Xornada Laboralista de Pontevedra, organizada polo Colexio de Graduados Sociais
A Xunta achega 30.000 euros ao concello de Sober para renovar o alumeado público en oito núcleos
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explica que o proxecto inclúe a instalación de 83 novas luminarias de alta eficiencia enerxética nos Pacios, As Laxes, O Barrio, Vilastrille, A Pena de Proendos, Sober o Vello, Proendos e Vilela
A Xunta apoia a celebración do Campionato Galego de Karate cadete, junior e sub-21 e III Copa Master 2026 que terá lugar en Ferrol esta fin de semana
A delegada de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na presentación do evento que reunirá no pavillón de Esteiro a máis de 200 deportistas
Ana Ortiz cifra en 78 millóns os investimentos da Xunta bloqueados polo Concello de Vigo
A delegada da Xunta en Vigo alerta de cinco grandes proxectos do Goberno galego paralizados por decisión municipal
A Xunta participa na reunión das unidades de coordinación do POCTEP no concello de Lobios
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asistiu á apertura da 10ª convocatoria do programa
A Xunta amplía á costa suroeste da Coruña e a todo o litoral de Pontevedra a alerta laranxa por temporal costeiro, xa activa na costa oeste coruñesa
Nas zonas afectadas suspéndese a actividade deportiva do programa Xogade e federada no mar, coas excepcións establecidas no protocolo publicado na web de Deporte Galego