Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 47 novas da área temática Comunicación:

06/07/2026 | 13:49 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta patrocina o XXII Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, que aborda a diversidade creativa no sector

A nova edición da cita impulsada pola Fundación Carlos Casares e Universidade de Vigo celébrase ata o 10 de xullo no Auditorio Ilduara da localidade ourensá

20/06/2026 | 15:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca no 5º Encontro de amigos do Centro Galego de Maracaibo a volta á terra da descendencia daquelas xeracións que emigraron a Venezuela

José González pon en valor este encontro impulsado por antigos socios e descendentes da colectividade galego-venezolana retornada, enxalzando a memoria compartida e a identidade que foi capaz de sobrevivir ao paso do tempo e á distancia

14/05/2026 | 14:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia e Portugal unen esforzos coa ampliación da liña de comunicación cuántica Santiago-Vigo para ser territorio clave para a ciberseguridade na UE

A Xunta de Galicia participa en Lisboa no lanzamento do proxecto IberianQCI, dotado con 10,6 M€ para conexións transfronteirizas, que permitirá estender nunha primeira fase ata Valença do Minho a autopista para transmisións ultra seguras

29/04/2026 | 18:28 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

Belén do Campo, o director da Amtega e os alcaldes de Laxe, Malpica, Cabana de Bergantiños analizan con telefónica as reiteradas incidencias no servizo de telecomunicacións

Os representantes autonómicos trasladaron a necesidade de dar resposta ás reclamacións formuladas polos rexedores locais, que veñen denunciando desde hai meses cortes frecuentes nos servizos de telefonía e internet, con consecuencias directas sobre a actividade administrativa, económica e social da zona

16/04/2026 | 17:34 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Medios

Rueda reivindica o xornalismo de proximidade como garantía da calidade democrática

Sinala que, nun escenario marcado polas novas tecnoloxías, o “vello oficio” de contrastar e preguntar é “máis imprescindible que nunca”

11/03/2026 | 15:05 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta aforrou aos galegos en 2025 máis de 1,5 millóns de desprazamentos a oficinas de rexistro e a entrega de máis de 20 millóns de documentos

O director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, José María Barreiro, participou na I Xornada Interautonómica de Simplificación Administrativa, organizada pola Consejería de Economía, Hacienda, Fondos Europeos y Diálogo Social da Junta de Andalucía

05/03/2026 | 20:41 | A Presidencia da Xunta

A Casa de Galicia en Madrid inaugura a mostra ‘40 anos de autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro’

A exposición ofrece un percorrido visual polos principais momentos da historia autonómica de Galicia a través da mirada crítica de Siro López