Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina a máis de medio cento de concellos galegos máis de 1 M€ das novas axudas para a adquisición de equipamento vinculado á prevención de incendios forestais
Resultaron beneficiarios desta convocatoria 23 concellos da provincia de Ourense aos que o Goberno galego destinou máis de 479.000 euros, 12 de Lugo que suman axudas por máis de 265.200 euros, nove na Coruña por máis de 170.600 euros e outros nove na provincia de Pontevedra por importe de 164.800 euros
A Xunta inviste 60.000 euros na instalación dun sistema de aerotermia para a mellora da eficiencia enerxética no punto de atención á infancia do Riós
O delegado da Xunta salientou que o Goberno autonómico ten como obxectivo o desenvolvemento equilibrado do territorio galego, do medio rural e do urbano, que permita o progreso económico da totalidade da súa xeografía
A Xunta mellora a calidade de vida da veciñanza das áreas rurais da provincia ourensá a través das axudas para infraestruturas de uso publico
O delegado explicou que este concello foi un dos beneficiarios na última convocatoria destas axudas, na que a percibiu unha achega da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de 35.000 euros para a construción dunha cuberta para unha pista de pádel
A campaña de verán ‘Un alento de vida’ da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chega ao concello de Rianxo
A unidade móbil estará estacionada hoxe venres na Praza Castelao, das 10.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 21.00 horas
Galicia reclama máis fondos para Ceuta e esixe ao Goberno central unha política migratoria consensuada
A Xunta vota a favor da asignación de 25 millóns de euros á cidade autónoma e traslada a súa solidariedade co pobo ceutí
A Xunta salienta o valor da iniciativa Conecta co Voluntariado en Galicia no pulo ao compromiso da mocidade galega do exterior co patrimonio galego
O secretario xeral da Emigración recibiu no aeroporto de Alvedro á mocidade que participa na modalidade cultural do programa Conecta co Voluntariado en Galicia
A Xunta executou no primeiro semestre do ano o 90% do seu plan anual de cooperación galega para 2026
O plan conta cunha dotación superior aos 10,3 millóns de euros, un 5% máis que o ano anterior, e enmárcase no V Plan Director da Cooperación Galega 2023-2026
A Xunta destina máis de 700.000€ a sete programas de educación transformadora e de innovación e comunicación social promovidos por ONGD
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta nova liña de axudas, coa que se pretende potenciar o impacto das accións desenvolvidas por estas entidades no exterior mediante accións complementarias no territorio galego e cun horizonte temporal amplo