Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural amplía a formación continua do persoal de prevención e defensa contra incendios forestais con ata 14 cursos no segundo trimestre de 2026
A conselleira María José Gómez visitou esta semana as instalacións do CILL de Toén, con motivo das dúas accións que se están impartindo actualmente nestas instalacións, unha para bombeiros forestais e outra para directores técnicos de extinción
Case 600 persoas aspirantes a auxiliares de Policía Local realizan hoxe en Silleda os primeiros exercicios do proceso selectivo
Tras esta primeira fase, a Academia Galega de Seguridade Pública acollerá as probas de aptitude física o 24 de maio
Medio Rural e a Deputación de Ourense reforzan a súa colaboración fronte ao lume coa entrega de 12 novos tractores a entidades locais da provincia
A conselleira e o presidente da Deputación presidiron o acto, no que se puxo en valor a cooperación institucional entre ambas as dúas administracións nas tarefas de prevención de incendios forestais
A Xunta participa no acto do 182 aniversario da fundación da Garda Civil
Os representantes do Goberno autonómico felicitaron aos homenaxeados e reiteraron o respecto e gratitude da Xunta de Galicia a todos os homes e mulleres que forman parte da Garda Civil polo seu servizo exemplar á sociedade.
Medio Rural reforza a loita contra os incendios forestais con máis medios, tecnoloxía e prevención
Así o destacou hoxe o director xeral de Defensa do Monte nunha comparecencia a petición propia na Comisión 7ª do Parlamento para presentar a actualización do Pladiga 2026
A Xunta leva retirados máis de 600 niños de avespa velutina na actual campaña de retirada
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, explicou no Parlamento galego que a Xunta ofrece esta solución centralizada coordinada cos concellos a través da encomenda a Seaga renovada por 1,7M€
A Xunta súmase á celebración do 25 aniversario da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cerdedo Cotobade
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou no acto conmemorativo, onde destacou o apoio do Goberno galego a estes colectivos con axudas ao funcionamento e en equipamento