Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 372 novas da área temática Facenda:

09/07/2026 | 12:30 | C. de Facenda e Administración Pública

O reforzo da atención ao contribuínte da Atriga favorece o cumprimento voluntario das obrigas tributarias ata superar o 95 % no 2025

A directora da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) compareceu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento para explicar o Informe de actividade do organismo do 2025

05/07/2026 | 10:29 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia avoga por unha Política de Cohesión post 27 na que as rexións sexan claves para deseñar e xestionar as accións para afrontar os retos futuros en cada territorio

O conselleiro de Facenda e Administración Pública reuniuse esta semana co director da Representación da Comisión Europea en España, quen visitou a Comunidade

04/07/2026 | 10:32 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 60.000 familias galegas poderán deducir no IRPF a compra de libros de texto e material escolar

Estas deducións pódense aplicar para compras realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026

03/07/2026 | 21:01 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reivindica a súa solvencia para ofrecer garantías ás empresas que invisten en Galicia

O Goberno galego reitera o seu compromiso coas entidades que contribúen a favorecer o desenvolvemento económico da rexión

30/06/2026 | 13:02 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia defende un orzamento europeo que priorice as políticas de cohesión e con autonomía para as rexións

O conselleiro de Facenda e Administración Pública sinalou que o programa contribúe a responder aos retos sinalados nas recomendacións específicas por país

29/06/2026 | 15:07 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda anuncia que a Xunta inicia a preparación dos orzamentos de 2027 co obxectivo de que entren en vigor o vindeiro 1 de xaneiro

Lamenta que mentres Galicia traballa xa nas terceiras contas da lexislatura, España siga coas de 2023, “cando os orzamentos son unha ferramenta básica para gobernar”

26/06/2026 | 13:29 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta defende unha participación activa das rexións no futuro orzamento da Unión Europea

A xornada Europa escoita á sociedade civil reúne a representantes das institucións europeas, do Goberno de España, das CC.AA. e da sociedade civil 

25/06/2026 | 14:35 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destina preto de 160.000 euros á modernización e dixitalización de 19 áreas de servizo da área territorial de Pontevedra

O delegado territorial visitou unha das beneficiadas por esta liña de axudas que recibiu unha achega de 10.000 euros coa que adquirirá sistemas de alimentación ininterrompida e desfibriladores eléctricos

22/06/2026 | 12:31 | C. de Facenda e Administración Pública

O Comité de Seguimento do Fondo de transición xusta 2021-2027 avaliará as propostas de reprogramación para reforzar o cumprimento do programa

O director xeral de Cohesión e Fondos Europeos asiste á reunión, que se celebra en Carrión de los Condes, en Palencia

17/06/2026 | 18:45 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta avanza na simplificación da contratación pública para mellorar na súa eficiencia, calidade e transparencia

O director xeral de Simplificación administrativa e do Patrimonio, José María Barreiro, participou no III Congreso de Contratación Pública celebrado na Coruña