Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 688 novas da área temática Lingua:

26/02/2026 | 12:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e a Academia Audiovisual anuncian a concesión do Premio de Honra dos Mestre Mateo á lingüista Rosa Moledo

Seralle entregado o 21 de marzo en Lugo durante a gala da 24ª edición dos galardóns organizados co apoio da Xunta

25/02/2026 | 13:59 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos consensúa coas principais institucións culturais o deseño dunha “programación excelsa” do ‘Ano Oteriano’ “á altura da figura homenaxeada”

O representante de Cultura da Xunta celebra que a homenaxe ao ‘Patriarca das Letras Galegas’ conte coa “máxima implicación institucional, cultural e social”

21/02/2026 | 09:54 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

As bibliotecas da Xunta celebran o Día de Rosalía achegando a súa vida e obra a todos os públicos

Os sete espazos xestionados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude programan estes días obradoiros, mostras, contacontos ou propostas musicais

19/02/2026 | 13:48 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos reunirase coas principais institucións culturais galegas o 25 de febreiro para avanzar xuntos no deseño das actividades do Ano Oteriano

O representante de Cultura da Xunta salienta que a homenaxe ao ‘Patriarca das Letras Galegas’ debe contar coa “máxima implicación institucional, cultural e social”

17/02/2026 | 11:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta premia o instituto Castelao de Vigo e o colexio de Ribadavia no concurso das Letras Galegas 2026 dedicadas a Begoña Caamaño

A figura e as achegas da homenaxeada a través do xornalismo e a literatura difúndense a través de exposicións elaboradas por ambos os dous centros

16/02/2026 | 13:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta reforza os lazos coa lusofonía co Festival Converxencias que programa 16 actividades culturais entre Galicia e Portugal ata o 15 de marzo

As propostas abranguen teatro, cine e poesía repartidas pola localidade portuguesa de Braga e as galegas de Santiago de Compostela, A Estrada, Padrón e Ponteareas

13/02/2026 | 13:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta lanza unha nova edición do concurso ‘Lingua de namorar’ para promover o uso do galego entre a mocidade nas novas tecnoloxías e redes sociais

A iniciativa promove a creación de mensaxes de amor na nosa lingua e abrangue tres categorías de participación, unha delas exclusiva para Instagram

12/02/2026 | 13:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo destaca a celebración do ‘Ano Castelao’ “como un punto de inflexión” no recoñecemento ao intelectual

Incide en que o Goberno galego “cumpriu os obxectivos, divulgando as achegas culturais, políticas e lingüísticas do persoeiro, sobre todo entre as novas xeracións”