Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inicia os traballos para a recuperación do centro ictioxénico de Sobrado cun investimento de preto de 94.000 euros
Ángeles Vázquez salienta que o fin último é rehabilitar e acondicionar unhas instalacións que foron construídas nos anos 60 do século pasado e que tiveron que pechar en 2014 por deficiencias estruturais que impedían mantelas operativas
A Xunta destina 15.000 euros ao acondicionamento do muíño de Ponte Carballa, no concello de Frades
Ángeles Vázquez explica que esta actuación se acometeu a través dunha axuda da liña de apoios a concellos para a execución de actuacións de conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural en Rede Natura 2000
Belén do Campo presenta a nova Base Naútica de actividades da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas como exemplo do modelo turístico sostible e de calidade que impulsa a Xunta
A delegada da Xunta participou na inauguración desta infraestrutura promovida no marco do Plan de Sostibilidade Turística, cun investimento de máis de 345.000 euros
A Xunta salienta o papel clave da mocidade como embaixadores do patrimonio natural galego na entrega de premios da segunda edición de #ParqueVibras
Ángeles Vázquez destaca o talento e a creatividade dos 22 vídeos recibidos no marco da convocatoria deste ano, que contou coa participación de máis de 500 rapazas e rapaces pertencentes a centros de Educación Secundaria das catro provincias
A Xunta e o Concello de San Cibrao das Viñas analizan a creación de refuxios climáticos no municipio
Ángeles Vázquez anima á alcaldesa a solicitar as axudas que convoca a Consellería para a posta en marcha de intervencións baseadas na natureza e no aproveitamento dos seus recursos para prever e adaptarse ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos
A Xunta constitúe o Foro do Litoral como máximo órgano de participación do conxunto da sociedade para optimizar a xestión da costa galega
Ángeles Vázquez salienta a importancia deste trámite pois axudará a garantir o equilibrio entre a protección medioambiental e o desenvolvemento socioeconómico do litoral apostando pola cogobernanza e contando coas aportacións de todos os sectores interesados neste ámbito
A Xunta pon en valor a importancia da Rede galega de ruído para avanzar na concienciación sobre a contaminación acústica e o seu impacto na poboación
Ángeles Vázquez lembra que Galicia foi pioneira á hora de abordar unha regulación propia neste eido e dispón a día de hoxe dun total de 10 estacións con sonómetro
A Xunta dá luz verde ambiental ao plan especial de protección do casco histórico de Baños de Molgas
O informe ambiental estratéxico emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé efectos ambientais adversos significativos na contorna
Medio Rural inviste máis de 1,7 M€ para mellorar a rede de 74 camiños da parcelaria de Val de Camba en Rodeiro
A conselleira María José Gómez visitou esta zona de reestruturación parcelaria na que veñen de comezar as actuacións
A Xunta e o sector da construción avalían vías de colaboración para a xestión sostible dos residuos
Ángeles Vázquez explica que a Consellería está traballando en diferentes instrumentos para crear un marco integral no ámbito dos residuos da construción e a demolición que inclúa a planificación, a execución e o control da súa xestión