Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.147 novas da área temática Forestal:

25/05/2023 | 10:54 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca unha nova poxa pública electrónica de madeira que se celebrará proximamente na Coruña

En total serán 42 lotes de madeira por máis de 1,7 millóns de euros os que sairán a poxa o vindeiro 11 de xullo

24/05/2023 | 12:32 | C. do Medio Rural

A Xunta xestionará a biomasa nas franxas secundarias preto das vivendas do concello de Lobios, onde se actuará en case 375 hectáreas para anticiparse aos incendios forestais

Esta localidade ourensá é un dos municipios piloto onde se xestionará a totalidade das faixas próximas ás vivendas, neste caso, distribuídas nunhas 9.000 parcelas e das que preto de 60 hectáreas xa foron contratadas a Seaga para a súa limpeza

20/05/2023 | 19:46 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Rebordechán

Segundo as últimas medicións, o lume -que se iniciou en tres focos- afectou a unha superficie de 104 hectáreas, 89 delas de monte raso e o resto arboradas

19/05/2023 | 18:00 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Rebordechán

Segundo as últimas medicións, o lume -que se iniciou en tres focos- afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas

19/05/2023 | 16:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a nova encomenda á empresa pública Seaga do control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas, cun investimento de case 3 M€

Este contrato, cunha vixencia de 24 meses, dálle continuidade aos programas de limpeza das marxes das vías autonómicas que se veñen executando nos últimos anos

19/05/2023 | 12:40 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Rebordechán

Segundo as últimas medicións, o lume -que se iniciou en tres focos- afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas

17/05/2023 | 12:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avalía co sector forestal a mellora da xestión preventiva dos riscos no traballo

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, mantivo unha xuntanza coa Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo (Lugomadera)

17/05/2023 | 11:01 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola cooperación público-privada para fomentar o I+D+i no sector forestal e procurar destinos industriais de alto valor engadido para os seus recursos

O director da Axencia Galega da Industria Forestal vén de coñecer o traballo en I+D+i que o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial está a desenvolver para pór en valor os recursos forestais, apostando pola colaboración en futuros proxectos