Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.370 novas da área temática Cultura:

28/08/2026 | 12:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destina máis de 85.000€ á mellora de instalacións para actividades culturais en 7 concellos da provincia de Ourense

Manuel Pardo explicou que na liña de axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para impulsar a modernización e renovación de equipamentos culturais, na provincia de Ourense foron beneficiados, ademais desta entidade, os concellos de Vilar de Barrio, Ribadavia, O Carballiño, Allariz, Celanova e Xunqueira de Espadanedo

27/08/2026 | 15:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos erixe a achega de 200.000 € no Teatro Pastor Díaz de Viveiro como mostra do compromiso da Xunta co bo estado das infraestruturas culturais

O representante do Executivo autonómico salienta a colaboración institucional para “manter nas mellores condicións os referentes culturais das localidades galegas”

26/08/2026 | 17:09 | Axencia de Turismo de Galicia

Lourenzá revive este venres a lenda do Conde Santo, co apoio da Xunta

Alfonso Villares participou hoxe na presentación do programa das festas, que conta cos concertos de Pantera Rosa e Grande Osso.

26/08/2026 | 14:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca o traballo da Xunta “para garantir o acceso á cultura de todos os galegos e galegas”

O acordo, dotado con 249.000€, dos cales o Goberno galego achega 150.000€, permitirá dotar ao municipio deste novo espazo para actividades culturais, sociais, formativas e comunitarias

26/08/2026 | 10:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan específico de acción comunitaria impulsado pola Xunta beneficia preto de 300 entidades locais

O Goberno galego inviste tres millóns de euros nesta iniciativa destinada a asociacións veciñais e de mulleres rurais, así como a comunidades de usuarios de augas

25/08/2026 | 12:55 | Axencia de Turismo de Galicia

O programa ‘O teu Xacobeo’ espalla por toda Galicia 300 accións culturais, deportivas e sociais neste ano 2026

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria da iniciativa que financia 55 proxectos con 1M€

22/08/2026 | 11:44 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta congregou este verán 15.000 persoas ao redor dos concertos gratuítos de ‘Atardecer no Gaiás’

Esta edición do ciclo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na Cidade da Cultura eríxese como a segunda máis multitudinaria dos seus 16 anos de celebración

20/08/2026 | 20:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo convida a cidadanía a desfrutar de “catro días ateigados de cultura” con máis de 30 actividades na Feira do Libro de Foz

A Praza de Conde Fontao acolle ata o domingo a duodécima e penúltima parada do ciclo impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia

20/08/2026 | 13:15 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O delegado da Xunta en Ourense participa na presentación do festival ‘Xoldra de Aguiar’ que se desenvolverá no concello de Pereiro de Aguiar

O evento, que se celebrará o próximo 19 de setembro, conta co patrocinio Xunta través de Turismo de Galicia no marco dos Concertos do Xacobeo, e coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do concello de Pereiro de Aguiar

19/08/2026 | 15:38 | Axencia de Turismo de Galicia

Lingua Urbana achega a Santiago de Compostela os sons máis actuais co impulso da Xunta de Galicia

O festival, especialmente dirixido ao público mozo, celebrarase o vindeiro 28 de agosto na Cidade da Cultura no marco da programación dos Concertos do Xacobeo