Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 517 novas da área temática Emigración:

25/02/2026 | 18:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma o seu compromiso coa atención ás persoas maiores galegas no Brasil

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo, a única entidade nesta cidade que ofrece atención socioasistencial específica á colectividade galega 

19/02/2026 | 14:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta pon en valor o espazo común de circulación e cultura que levan construíndo durante séculos Galicia e Portugal

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na Universidade de Santiago (USC) na presentación das publicacións derivadas do ‘Coloquio Internacional Cruzamentos Galiza-Portugal’

12/02/2026 | 09:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a importancia da colaboración entre entidades para o fortalecemento da galeguidade nos Estados Unidos

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Casa de Galicia en Nova York, onde mantivo unha reunión de traballo con responsables de entidades galegas 

08/02/2026 | 11:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o Entroido da Asociación Cultural As Xeitosiñas como punto de encontro para máis de 500 persoas da colectividade galega en Suíza

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na celebración do Entroido da Asociación Cultural As Xeitosiñas, referente da galeguidade en Suíza desde 1981

08/02/2026 | 10:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que a partir de mañá os emigrantes galegos retornados poderán solicitar as axudas ao autoemprego e actividade emprendedora

O prazo de solicitudes destes apoios publicados esta semana no DOG prolongarase ata o 30 de setembro de 2026, a eles o Goberno galego destina máis de 1 M€ e enmárcanse na Estratexia Galicia Retorna e tamén na Estratexia de emprendemento

06/02/2026 | 12:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra nun encontro con bolseiros BEME que está aberta a convocatoria deste ano coa que acadará os 2.000 mozos e mozas retornados

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda mantivo un encontro con alumnos beneficiarios das BEME que cursan os seus másteres no Campus de Ourense no que tamén estivo o delegado territorial da Xunta na provincia, Manuel Pardo

29/01/2026 | 11:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza a nova orde de axudas extraordinarias ao retorno con 2,5 M€ destinados a apoiar os gastos iniciais do regreso dun milleiro de familias

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria 2026 destas achegas que permiten cubrir as primeiras necesidades dos galegos retornados, con apoios que poden chegar ata os 6.000 euros

27/01/2026 | 11:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta pon en marcha unha nova edición de obradoiros para formar a máis de 2.000 persoas galegas no exterior

Desde hoxe e ata o vindeiro 26 de febreiro as arredor de 200 entidades galegas de toda Europa e América inscritas no Rexistro da Galeguidade poden solicitar estas achegas das que o DOG publicou esta semana a convocatoria deste ano

03/01/2026 | 10:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta achegou a cultura galega en 2025 a preto de 1.500 persoas a través da formación nas comunidades galegas do exterior

Este ano impartíronse medio cento de obradoiros culturais desenvolvidos en 40 entidades do exterior de máis de 10 países, con formadores desprazados desde Galicia