Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 517 novas da área temática Emigración:

01/01/2026 | 10:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A colaboración entre a Xunta e as dioceses permitiu que no 2025 10.000 persoas galegas do exterior conseguisen documentación sobre a súa orixe familiar

Ante o incremento sostido das solicitudes, o Goberno galego reforza esta colaboración co obxectivo de garantir unha atención rigorosa e áxil ás persoas residentes no exterior

20/12/2025 | 20:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca nos premios Rebulir o papel dos centros galegos de Euskadi como exemplo de compromiso coa cultura galega

O secretario xeral da Emigración outorgou a Mención Honorífica ‘Rogelio García Yáñez’ á emigración galega en Euskadi, recollida por Mónica Calvo, presidenta da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi e do Centro Gallego de Álava

15/12/2025 | 22:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Lugo os máis de 3,5 M€ investidos na provincia desde 2018 no marco das políticas de retorno

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe no acto ‘Interculturidade e inclusión. Políticas de Retorno en Lei de Extranxeiría’

14/12/2025 | 11:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma en Vigo o seu apoio aos galegos retornados de Venezuela e tamén aos venezolanos que están escollendo Galicia como lugar para vivir

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coa Asociación Amigos de Venezuela da cidade olívica

12/12/2025 | 12:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amplía un 30 % o orzamento das axudas de 2025 para impulsar o autoemprego das persoas retornadas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe este aumento ata os 1,3 M€ no marco dunha convocatoria á que se presentaron preto de 200 solicitudes este ano

11/12/2025 | 17:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia consolida as cifras récord de retorno con preto de 8.500 persoas no ano 2024

Segundo o Instituto Nacional de Estatística, o saldo migratorio positivo de Galicia alcanza novamente cifras récord en 2024, con 30.325 persoas

11/12/2025 | 13:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta destaca que Galicia consolida as cifras históricas de retorno con preto de 8.500 galegos e galegas que regresaron en 2024 á súa terra de orixe

Segundo a Estatística de Migracións e Cambios de Residencia de 2024, publicada hoxe, Galicia experimentou un saldo migratorio positivo de 30.325 persoas (27.730 procedentes do estranxeiro), das que preto de 8.500 son galegos da diáspora

06/12/2025 | 13:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta investiu en 2025 na arxentina case 2 M€ a través de programas socioculturais, formativos e de retorno como a feira de emprego con máis de 3.000 persoas

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, fixo balance nun encontro en Bos Aires cos presidentes das entidades galegas na Arxentina

05/12/2025 | 13:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a implicación nos seus programas dirixidos á emigración como reflexo do orgullo dunha Arxentina que segue a sentir Galicia como a súa casa

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou en Bos Aires na entrega das compostelas e diplomas dos programas Reencontros con Galicia, Conecta co Voluntariado e Conecta con Galicia no Camiño